xoves, 6 de febreiro de 2014

Visita o castelo de Monterrei no mes de xaneiro 2014

Prólogo do Home da Pedra:

Por onde empezar, cando de desfeitas patrimoniais se intenta falar. A comarca de Verín non é unha excepción. Dende os cortalumes que destrúen castros, mámoas e petroglifos; a autovía que arrasou un xacemento posiblemente único en Galicia, e os incontábeis destrozos da obra do AVE.

Isto todo, unido ao desleixo das administracións locais, provinciais, autonómicas e estatais; máis preocupadas por ganar eleccións e manterse nos postos de poder, que de pensar no benestar dos seus gobernados, e moito menos no seu patrimonio.

Non podo deixar de facer certa reflexión ou analoxía entre un asunto e outro. Por exemplo lembrando o acondicionamento da estrada de Verín a Vilar de Barrio hai uns anos xusto antes das eleccións. O  mesmo cando se fala da estrada Verín-Campobecerros, que se fixo a conciencia, ficando claro o porqué, por que xa se sabía que ía facer falta para o tránsito de camións e maquinaria pesada. Si nos poñemos a falar do Castelo, pensemos que cando se arranxa o acceso e se destrúe a calzada, é  xa ca intención de utilizala para transportar o material da obra que hoxe se está levando a cabo.


Quero dicir con isto que o Patrimonio, tanto cultural como histórico ou natural, non lle interesa as administracións, a non ser como fonte de ingresos privados, camuflando centos e miles de millóns de euros no proceso.




A visión dende a entrada este, permite ve-los pobos do val e da montaña. Á dereita o monte Cara/Pena Boeira/Castro do Xestil, logo ven Penanofre, case no centro os montes do Invernadeiro, un pouco máis a esquerda as serras de Queixa e San Mamede nevadas. Na  marxe esquerda da foto e moito máis preto o monte San Salvador, onde dous cortalumes destruíron fai poucos anos os restos do forte do mesmo nome. 

Artigo de Eduardo Castro, publicado no blogue despertadoteusono.blogspot.com 


Monterrei é un castelo moi visitado todo o ano, gusta, xentes de moitos lugares veñen a velo. Escóitanse os comentarios que fan os visitantes, sobre o deplorable estado da fortaleza, do seu entorno, o abandono e a falta de unha adecuada conservación. O gamberrismo e as inclemencias do tempo, choivas e vento, afectan tamén gravemente murallas e edificios. Cando se decide por parte da administración algún proxecto de restauración ou conservación do Castelo, fíxose sempre pouco e non sempre ben.

Recordamos un  muro de ladrillo que se fixo naquela primeira restauración, que afortunadamente se chegou a tempo de rectificalo logo en pedra. Aquelas máquinas desfixeron a calzada, o sur, na Porta do Sol, que o poñer o alcantarillado desfixeron o empedrado, quedou de cemento armado ou terra, con un montón de tapas de alcantarilla de fundición, redondas ( 40 en menos de 300 m) e moitos sumidoiros, ó menos 15.

O camiño real tamén sufriu unha restauración, para min pouco afortunada. No intre do Palacio do Condes anuláronse o lagar e a adega do Castelo. Cando eu era rapaz levaron 13 canóns para A Coruña, logo devolveron 4, pero alí no paseo marítimo hai canóns de Monterrei, sen ningunha referencia de que son rexiomontanos; e no Castelo de San Antón, está ou debe estar aínda o canón Golondrina, que levaron para alí a finais do século XIX, para avisar con un canonazo da chegada do correo de Cuba.

Dicía Don Xesús Taboada Chivite, que polos anos 30 había en Monterrei máis de 30 canóns, hoxe só quedan catro e medio.

No acceso norte, pola porta de San Francisco, a cazada ó menos medieval, tapouse na boa parte do seu percorrido con adoquíns postos hai pouco, debaixo está a calzada cuberta con cemento armado, embarillado de ferro, terra e adoquíns. Subiu o camiño ó menos 40 cm, que aparte de tapar o empedrado antigo réstalles prestancia a portas e muros. Na garita que está para controlar a porta xunto a Cárcere, só podería estar dentro un soldado anano  moi pequeno. A obra non a terminaron, debeulles dar vergonza. Dixeron que se había feito con coñecemento e autorización de Patrimonio. Si se fixo sen autorización, está mal, pero se se fixo con autorización está peor.

Hoxe, non se pode visitar boa parte do Castelo, está cheo de andamios e vallas que prohiben o paso. Brigadas de obreiros están desfacendo por dentro o Palacio dos Condes, tabiques, escaleiras, deixan só paredes mestras. Non sei si saben ben o que van facer, dicenme que un establecemento hoteleiro. Habitación, cociñas, bar, restaurante e tendas, parece que tamén lle porán un ascensor.

A idea é xenial, o pé do Castelo, onde noutro tempo houbo unha escola de Xesuítas, a primeira en Galicia, está o Parador de Turismo, a menos de 500 m. Pecha 4 meses no ano e a punto estivo de desaparecer, poucos clientes e mal xestionado.

Monterrei é o referente histórico, cultural e turístico da bisbarra, pero que mala vida lle dan os que deberían coidalo, conservalo, restauralo, difundir a súa imaxe como reclamo turístico-cultural.
Moitos aldraxes se levan facendo en este monumento ó longo do tempo, unha magoa.

Eduardo Castro



O estado da calzada e a ruina dos edificios que rodean ó castelo.


Elocuente imaxe. Eduardo Castro ollando con tristura ó lonxe, cara Portugal. Detrás de min un canón fica na terra, case corberto po-la herba. O que vemos en primeiro plano só conserva unha roda, e a armazón rota. Outro máis xace a uns metros. O seguinte está un pouco mellor conservado, pois está nunha base de pedra. O fondo vese a garita e unha pequena mancha azul, que é outro canón que foi pintado fai logo un ano e así permanece.


Non menos importante, os furados que conservan as pedras no exterior da fortaleza. Imposibles de datar, poden ser restos do Castro de Baronceli, medieváis ou incluso máis recentes. Quén sabe?? E se non se estuda, moito menos.



O solpor e as luces artificiais iluminan o castelo con agarimo, o cruceiro en primeiro plano dá idea da distancia e da  maxestuosidade do monumento. Á miña espalda, a menos de 100m queda o Parador de Turismo.



Como anécdota, o Val de Monterrei na literatura. Tirso de Molina e a súa estadía no Convento da Merced.




1 comentario:

d:D´ dixo...

Sen entrar nos detalles dos que xa falaremos con tempo, con calmo...
A cantiga do Tirso é dunha fermosura grande.
Unha aperta longa, meu
Breves saúdos :)´