venres, 20 de xuño de 2014

Viños / Lagares

            A Vitis balbiana apareceu na Terra no Terciario (65.000.000 de anos). A Vitis vinifera chegou máis tarde. O home fixo das vides salvaxes viñas cultivadas. Traballou, podou, inxertou, vendimou, pisou as uvas, esmagounas e, o zumo así obtido, bebeuno, toda unha cultura. As uvas eran pisadas cos pés, de seguro nos “lagares cavados na rocha”, esmagadas e máis tarde prensadas, técnica que xa cos romanos se foi perfeccionando, e chegou hasta os tempos actuais.

            Xosé Posada no seu libro “Metafísica del vino”, faise eco dun psasaxe bíblico, que dice Noé plantou a primeira viña e colleu a primeira borracheira. Castigou o seu fillo Cam, a servir ós seus irmáns Sem e Jafeth, non o deseredou, especializáronse en viño e puxo a primeira taberna, fíxose rico.

            Os babilonios por o ano 5.000 a. C. Tiñan os xardíns colgantes cheos de parras, que debían ser coma vides altas, tipo Salnés ou viño verde. Uns 4.000 anos a. C. Pasou o viño a Exipto, tamén en parras.

            Grecia co Deus Dionisios, Roma con Baco. Tanto gregos como romanos bebían viño, pero misturado con auga.

            Estrabón redacta a súa xeografía no fin do século I a. C. Pero recolle noticias moito máis antigas. Dice dos galaicos “están escasos de viño e o que conseguen gástano rapidamente en festas coas familias”, dice tamén, que o bebían ata as mulleres, puro, sen misturar en auga.

            O gran poeta galego Manuel María, dice qeu no prólogo do libro Metafísica del Vino, de Xosé Posada, “Entre os nosos coñecimentos posuíamos un irrefutábel: Do único que non se pode dubitar é do viño. Na Galiza cultívase desde sempre”.

            Dicen que Noé chegou a terra despois de pasar na auga cento cincuenta días, dos que choveu moito en corenta, con corenta noites, rodeado da súa familia e moitos animais de tódalas especies. Plantou a viña vendimouna exprimíu a uva e fíxoa fermentar. Parece que sempre se pisou, exprimíu e logo prensou, de seguro en “Lagares cavados na rocha”, rupestres.

            Son de moitas maneiras, redondos, ovalados, irregulares, cuadrados, rectangulares. Dimensións entre 2 x 3, ancho – longo e 0’5 ou 0’1 de profundidade. Teñen unha pileta ou calcatorium onde se pisan as uvas, canle ou bicorollo que o une co pío, depósito para recoller o mosto, case sempre pechado, rectangular ou oval que obrigaba a usar un pelexo, dorna, canado, ola, vasixa..., para recoller o líquido e levalo ás casas ou adegas.

            Don Xesús Taboada, na súa separata do Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense, tomo XIV, anos 1943/44, El Castro de Medeiros, di na páxina 9, “La construcción llamada Os vidros, es indudablemente un lagar del tipo que sin variación, ha perdurado hasta nuestros días. Hay hata unos treinta en los alrededores del castro... Di tamén que a persistencia de esti tipo a través de épocas moi diversas non permite datalos con exactitude. Conta que neles atopouse cerámica romana e o sistema de prensa é de tradición romana.

            Os paisanos chámanos lagar dos mouros, lagar romano ou soio lagar. Témolos atopado, case sempre en sitios onde houbo viñas, en termos que hoxe chaman, Os Lagares, As Viñas, Os Bacelos, Cortiñas do Lagar e cousas así, sempre relacionadas con vides ou viño. Penso que os nosos antigos facían na viña unha especie de mosto branco ou clarete, logo aprenderon a fermentar ben e separaron o branco do tinto.

            Dícenme algúns paisanos, que tamén eran de aceite, e en dous casos, un na Pedrosa (Cualedro) e outro en Oímbra, eran de liñaza.

            Federico Justo Méndez ensinoume o primeiro lagar rupestre en Medeiros (A Chaira), hoxe identificado coma GA32050042, é un dos que dicen os veciños era tamén de aceite. Pode ser, o pío onde se recollía o líquido ten dous niveis, coma para recoller por decantación, botando auga quente na pileta ou clacatorium, que logo queda no fondo do pío.

            Busquei logo lagares, máis de dez anos, sempre acompañado de amigos tan curiosos coma min nas cousas da historia e do medio ambiente, o Reigada, o Feijoó de Oliveira, os Vega, Bergantiños, Estévez, Nipis, falando con xente das aldeas, montes, campos e camiños.

            Esas pedras nas que se facían viños, difícil poñelas no tempo, medievais, romanos ou no tempo dos mouros, esa xente que moraban aquí cando viñeron os romanos, e que os lugareños coñecen por “mouros”.

            No pasado ano, nun proxecto de posta en valor de recursos turísticos, Portas de Galicia: Xeodestino Verín – Viana encargoulle aos historiadores – arqueólogos Alberte Reboreda Carreira e Eduardo Breogán Nieto, co documentalista Víctor Rodríguez Muñiz, a prospección arqueolóxica, e documentación de lagares rupestres na Comarca de Monterrei (Ourense). Colaboramos nesta investigación, o colectivo ecocultural Rexiomontanos do que fago parte.

Informe-Memoria Prospección Arqueolóxica e Documentación de Lagares Rupestres na Comarca de Monterrei (Ourense):

* O Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio da
Xunta de Galicia recollía nesta comarca, ata o momento actual, a existencia dos
lagares rupestres que a continuación se relacionan:

a) Lagares rupestres (3) de Vilar (Monterrei)- GA32050037

b) Lagar rupestre da Carreira Blanca2 (Monterrei)- GA32050042

c) Lagar rupestre da Porbaila / O Forno (Oimbra)- GA32053005

O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar é, en realidade, A Chaira, e así se consigna
agora na ficha.

d) Lagar dos Mouros / Lagar do Outeiro de Penalonga3 (Oimbra)-GA32053007

e) Lagar rupestre das Poulas do Outeiro4 (Oimbra)- GA32053006

f) Lagar rupestre da Capela de San Antón (Verín)- GA32085050

g) Lagar rupestre e cova de Felgoso (Verín)- GA32085036

* A maiores documentamos na comarca os lagares que seguen:

Lagar rupestre daBurrequiña, Sta María de Monterrei, Monterrei

Lagar rupestre de Casa do Tomás, Medeiros, Monterrei

Lagar rupestre de Os Pilos Sta María de Monterrei, Monterrei

Lagar rupestre do Castro de Medeiros, Medeiros, Monterrei

Lagar rupestre dos Bridos, Medeiros, Monterrei

Lagar rupestre do Outeiro dos Bideiros, Medeiros, Monterrei

Lagar rupestre de A Fecha, Bousés, Oímbra

Lagar rupestre de A Quinta, O Rosal, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre de Atapadiña, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre de As Taralleiras, Casas dos Montes, A Granxa, Oímbra

Lagar rupestre de A Granxa, Oímbra

O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar é, en realidade, A Ribeira de Fornos, e así se
consigna agora na ficha.

O topónimo da paraxe na que se localiza este lagar é, en realidade, A Tapadiña, e así se consigna agora na ficha.

Machada, Casas dos Montes

Lagar rupestre de O Patulo, Casas dos Montes, A Granxa, Oímbra

Lagar rupestre de As Viñas, A Granxa, Oímbra

Lagar rupestre de A Cortiña do Lagar, Videferre, Oímbra

Lagar rupestre de Ceche, Videferre, Oímbra

Lagar rupestre do Penedo da Vela, Videferre, Oímbra

Lagar rupestre da Ribeira de Fornos, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre de Xan Preto, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre do Carregal, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre do Pina, O Rosal, Sta María de Oímbra, Oímbra

Lagar rupestre de O Souto, Lagar dos Mouros, San Cibrao, Oímbra

Lagar rupestre de Arzán, Espiño, Videferre, Oímbra

Lagar rupestre de O Trughán, San Millao, Cualedro

Conxunto de lagares rupestres (3) de A Baira, San Millao, Cualedro

Lagar rupestre de O Santo, A Pedrosa, A Xironda, Cualedro

Lagar rupestre de A Teixugueira, Mandín, Verín

Lagar rupestre do Río de Fornos, Riguifornos, Feces de Cima, Verín

Lagar rupestre de Cabreira, Cabreiroá, Verín

Lagar rupestre de O Pozo do Demo, Cabreiroá, Verín

Tipoloxías

Tomando como factor diferenciador a localización, os lagares apareceren
maioritariamente de forma unitaria, mais existen algúns conxuntos espectaculares de
dous e incluso tres exemplares, como no caso dos lagares de Vilar (Monterrei).
Se atendemos á súa funcionalidade, a diferenza do que acontece cos lagares de La
Rioja, cómpre distinguir dúas modalidades ben diferenciadas:

Lagares de pisado: son unha minoría na comarca, e constitúen os exemplos
máis arcaicos e primitivos de todos os exemplares documentados.

Lagares de prensado: son os máis numerosos; contaron cunha estrutura de
prensado mecánica que se encaixaba nuns encastres laterais á pileta
principal.

Temos localizado xa tres máis, en As Chas, Medeiros e Videferre, e pode haber algún en Terroso, As Chas, Videferre, A Granxa e Bouses.

Conta o Profesor Adérito Medeiros Freitas, no seu libro Lagares cavados na rocha, que cando preguntaba nas aldeias por lagares as xentes decían que por alí non había, tiñan perdida a memoria da súa existencia. Pasounos igual, os lagares de Valpaços e de Monterrei son case iguais, lagaretas, pías, dornas, bicorollo. El escribe o libro en 2010 pero o primeiro cntacto cos lagares foi en setembro de 1980, co Prof. Dtor. Santos Junior nas proximidades do Castro de Curalha (Chaves), logo outro en Panoias descrito por Santos Junior, quer describe tamén Rodríguez Colmenero no seu libro O Santuario Rupestre Galaico Romano de Panoias (1999) “Espazo cultural ou lagar agrícola. Dice que tamén a finais dos 80 lle diu Santos Junior catro fotografías, feitas o 18 de agosto de 1960, a un lagar cavado na rocha en Chaves, na Quinta da Condeixa.

Nos temos visto moitos en aldeas fronteirizas, Vilar de Perdizes, máis de dez, no Cambedo tres, em Vila-Verde-da-Raia dous, e decimos pode haber algún por Lamadarcos e Mairos.

Nesto do viño parecémonos tamén moito deste e do outro lado da Raia. Somos Galaico – Transmontanos.

Eduardo Castro


Lagar dos Mouros, San Cibrao
       
Lagar do Trughán, San Millao

Lagar en Medeiros

Lagares de Vilaza

Lagar en Oímbra

Lagar en Oímbra

Lagar en Oímbra

Lagar no Cambedo

Lagar no Pozo do Demo


martes, 17 de xuño de 2014

O descobridor e a pedra

Mais outros dois lagares rupestres, com o descobridor Eduardo Castro, em Vila Verde da Raia.