domingo, 23 de decembro de 2012
sábado, 15 de decembro de 2012
Contos do estraperlo...[As raianas crónicas rexiomontanas]
[Amencer sobor as penas rexiomontanas raianas os trasosmontes lusitanos no ano oitenta e seis, dende a Varonceli] |
Unha das cousas que ten eiquí , a *raia, é que ao amencer nunca lle puxeron pegas.
Ao medodía xamais lle deron o alto.
Cando iso ocorría, eles levantábanse, almorzaban; nós tempo facía.
Espertar os ferros vellos e estabrecer a vixilancia era o seu laborío. O noso xa fora.
Cando nos paraban ninguén sorría; eles á súa hora, nós menos unha.
Estas diferenzas dábannos vantaxe de paso. A ista beira outra istoria, outros tempos, de moito coidado.
Camiñando, sen velocípedos nin cuadrúpedos adecuados, viaxabamos aos seus ollos sorprendidos.
A isa hora de paso, lembro as súas voces recramándonos. Aperturas de zurrons e sacos.
Cando isto ocorría o sol estaba no alto saltándose todas as barreiras e pasando.
Asunto noso era o solpor, por iso nunca o recramaron.[d:D´]
*Saúdos aos amigos que convidáronme neste novo blogue
xoves, 13 de decembro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)