Eis cá unha reportaxe fotográfica dunha rota que se fixo polo pobo de Pazos no día 5 de agosto do 2016 para coñecer mellor a historia e os segredos que agocha esta interesante poboación rexiomontana, guiada polo cronista tamagano Bruno Rúa e na compaña dun bon grupiño de interesados: Patricia, Rubén, Xosé Luís, Anita, Carlos, Sonia, Emilio, Chelo, Álvaro, Álex, Claudia, Lois e Xosé Ramón.
 |
| O Seixo Branco. Antigo lugar de exhibición de axustizados. |
 |
| Capela de San Gregorio. Posible lugar de cultos pagáns cristianizado. |
 |
| A torre curuchada. |
 |
| Baixo o sol da Toscana galega. |
 |
| Capela dun dos varios pazos do pobo. |
 |
| Segundo o guía, a grandiosidade dos balcóns reflicte a importancia da casa e familia de pertenza. |
 |
| Os corredores eran o lugar onde se puña a secar o millo, unha característica propia desta zona. |
 |
| Rúa e pazo onde se ubicou un cuartelillo na época da guerra civil española. |
 |
| Unha das máis fermosas canellas da bisbarra. |
 |
| A agua desta fonte provén dunha antiga fontela arcada, hoxe cuberta. |
 |
| Un dos poucos petos de ánimas que existen na rexión e que poden ser os sucesores dos lares viais romanos. |
 |
| Pedraría tradicional disposta de forma tal que alivie a carga da parede na lumieira da porta. |
 |
| O pazo dos Salgado. |
 |
| Arquitectura tradicional con cangos en vertical e revocado de canabarro. |
 |
| Oliveira, vestixio da importancia que tivo este cultivo na antigüidade para esta bisbarra. |
 |
| A fortaleza espuria. |
 |
Este tipo de encintado tivo a súa importancia noutros tempos na bisbarra rexiomontana.
Tamén se enfeitaba o lucido con pinturas de figuras animais e vexetais. |
 |
Figueira chumba, usada na comarca desde vai séculos, debeu ser traída das américas
pola íntima relación que tivo Monterrei co novo continente. |
 |
| A labra deste cruceiro tamén relficte a importancia que tivo en tempos esta pequena vila. |
 |
| No cemiterio vénsechevos tumbas que deixan clara a importancia do lugar. |
 |
| Un haiga. |
 |
| O arco da porta da igrexa acaba en bico por influenza do estilo manuelino portugués. |
 |
Esta casa posúe dúas columnas, unha delas fora levada para o museo arqueolóxico provincial
por ser un miliario romano de moita importancia ao estar repleto de textos e gravuras. |
 |
| Enfeite en pedra para a colocación dalgún elemento descoñecido, a vella dona desta casa díxonos que sempre acordaba usárenno para colocar testos con plantas, áinda que o fin non debeu ser en exacto ise. |
 |
| Segundo amosa este enorme correrdor semella ser que este veciño debía de ter moito millo que secar. |
 |
| E a liverdade. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario