Amosando publicacións coa etiqueta Torgo b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xuño de 2016
Un Mestre Gaiteiro nas Terras Esquencidas
E nos xeados seráns invernizos unha foliada das Trebas Tamaganas, emotivo concerto enxebre e virtuoso dun mestre gaiteiro de alén norte, Alexander 'Saxa' Anistratov, coas gaitas de seu, Irlandesa -Irish Uilleann Pipe- e Galega, xénese das urceiras e os torgos, festexado coa formidábel acústica matemática do eximio templo da Mercé e a ialma esvaída na da Misericordia, nesta esquencida Terra Rexiomontana, durante o luscofusco dun outro mércores no trece das xaneiras nun decimosexto secular. Saúde. здоровье.
Etiquetas:
Arte,
Celtas,
Concertos,
Gaita Galega,
Irish Uilleann Pipes,
Música tradicional,
Patrimonio histórico,
Serous,
Torgo,
Trebas,
VERBAS e parolas.,
Vídeos
Localización:
Verín, Terra Esquencida
venres, 22 de xaneiro de 2016
Saen faíscas do brasido dos torgos
Eis un día das xaneiras cando a brétema alumiñaba as valgadas do Támega e o resío da mañá abrollaba polas brañas das veigas antergas. Chegando a Laza ouvíase o resón dos chocallos das vacas mouras pacendo nas pradarías en lembranza da inminente chegada dos peliqueiros, do intrudio, e no vento ulíase o doce arrecendo do fume das lareiras, e do caldo.
Nestes intres de introspección o fado xurdíu unha xuntanza entre dous mestres, o luthier gaiteiro vido de alénnorte e o artesán percusionista. As faíscas refulxían na mesma ialma do obradoiro e o tempo pairaba no ar coma un ataíño silandeiro, quedo. Gaitas asubíos pelexos e ferreñas, e os torgos.
E o son do vento feito arte intimando coas Lavercas:
Óuvíanse as pingas da choiva no colmo do tellado cando escomezaba a laboura dos artesáns e as vinchocas ventureiras amostraban o futuro.
Entón, co decorrer do lume e as urceiras seren desbravadas, fíxose a presenza dun dos artellos máis entregos da serra celta, das Seabras, vindo mesmo da prehistoria, o aturuxo da cerna, o ravel:
E ficamos certo de vernos lá ter noutra, no cimo das Trevincas, na Cova das Choias, nas encostas do Mente, na Illa das Mazairas.
Agradecerlle pois aos artistas Alexander 'Saxa' Anistratov e Eitor de percusións Morenita de Laza por deixarnos compartillar esta xeira chamánica e druídica, espiritual, tan cheia de maxía.
Obrigado !

![]() |
| A materia escura, a Erica arborea |

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)