venres, 8 de outubro de 2021

Claves ocultas para entender a igrexa da Madalena de Chaves

A igrexa de São João de Deus ou igrexa da Madalena, está situada na freguesía e bairro do mesmo nome, o afamado Bairro e Xardín da Madalena, na cidade de Chaves, Aquae Flaviae. Foi construída na época de D. Joao V, en brillante barroco portugués do século XVIII. É de destacar o ciborio exuberante, uns grandes anxos na frontaría, e, o máis interesante, a planta interior está construída en formato octogonal.

Anexo a esta igrexa funcionou un convento da Ordem de São João de Deus, despois foi transformado nun hospital real, máis tarde, nos principio do século XIX fucionou a escola médico cirúrxica, e hoxe o edificio foi adaptado para unha residencia de estudantes.

https://pt.wikipedia.org/wiki/Igreja_de_S%C3%A3o_Jo%C3%A3o_de_Deus_(Chaves)

https://pt.wikipedia.org/wiki/Madalena_(Chaves)

https://www.blogger.com/blog/post/edit/4283956864229061817/3653158351969666358#
Fachada da igrexa de São João de Deus ou da Madalena

Igrexa da Madalena e convento da Ordem de São João de Deus

Ciborio e interior da igrexa da Madalena

Altar da igrexa da Madalena

Oeste da igrexa da Madalena

Ponte de Traxano e bairro da Madalena de Chaves

Xardín da Madalena


San Xoan de Deus

São João de Deus, João Cidade, nacido en Montemor o Novo, Portugal, foi un relixioso católico e un santo da Igrexa Católica Romana que se distinguíu na asistencia aos pobres e aos doentes, a través dun hospital fundado por si en Granada, España, no ano 1539. Creou a Ordem dos Irmãos Hospitaleiros, logo Ordem Hospitaleira de São João de Deus, para axudaren nesa misión e noutras extensións que virían despois. É o padroeiro dos hospitais, dos doentes e dos enfermeiros.

https://pt.wikipedia.org/wiki/Jo%C3%A3o_de_Deus

San Xoan de Deus, de Murillo. Imaxe de Wipkipedia.Portugal

Orde Hospitaleira de San Xoan de Deus

É unha orde relixiosa católica. A Orde instituíu a Fundação São João de Deus para o apoio a persoas en situación de vulnerabilidade, promovendo a saúde mental e o envellecemento activo, ao estilo de San Xoan de Deus. Ten como finalidade promover, coordenar e patrocinar, esencialmente, a asistencia e a cooperaicón nas áreas da saúde, da integración social e comunitaria, do desenvolvemento humnao, do benestar e da calidade de vida. Céntrase á volta da consciencia realista do que son persoas carenciadas, soños que non se conseguen concretizar, xoves sen perspectiva e sen futuro previsible, vidas en desespero. A fundación ten a misión de valorizar e axudar a todas as persoas, especialmente os máis carenciados na súa condición de doenza, de deficiencia, de desvantaxe social.

https://pt.wikipedia.org/wiki/Ordem_Hospitaleira_de_S%C3%A3o_Jo%C3%A3o_de_Deus

Emblema da Orde Hospitaleira de San Xoan de Deus


A Orde de Cristo

A Ordem de Nosso Senhor Jesus Cristo, Ordo Militiae Jesu Christo, xurdíu en Portugal despois da extinción da Orde do Temple, os Templarios. Orixinalmente era unha orde relixiosa militar, creada en 1319. recibíu o nome de Ordem dos Cavaleiros de Nosso Senhor Jesus Cristo ou Ordem da Milicia de Nosso Señor Jesus Cristo, e foi herdeira das propiedades e privilexios da Orde do Temple, dos Templarios. En 1789 a Orde de Cristo foi secularizada, tornándose nunha orde honorífica ata a súa extinción en 1834 coa extinción das ordes relixiosas, e logo outra vez extinta en 1910 coa implantación da República Portuguesa, e foi refundada en 1918 como a Ordem Militar de Cristo, destinada a premiar os servizos relevantes de nacionais ou estranxeiros prestados ao país ou á humanidade, tanto militares coma civís, ata hoxe, e sabedes quen é o grande mestre da Ordem de Cristo?: Nada menos que, o Presidente da República de Portugal.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Orde_de_Cristo

https://pt.wikipedia.org/wiki/Ordem_de_Cristo

Cruz da Ordem de Cristo

Cruz da Ordem de Cristo co escudo de Portugal

Cruz da Ordem de Cristo no interior da igrexa matriz de Santa Maria Maior de Chaves

Os Templarios

Orde dos Pobres Cabaleiros de Cristo e do Templo de Salomón, ten este nome xa que o seu lugar de orixe onde se estableceran fora o Monte do Templo en Xerusalén, onde existira o Templo de Salomón, e onde se ergue a actual Mesquita de Al-Aqsa, e así coma o o voto de pobreza e de fe en Cristo se denominaran así, Pauperes Commilitones Christi Templique Salomonici. Coñecida como Cabaleiros Templarios, Orde do Temple, ou simplemente como Templarios. Foi unha orde militar de cabalaría. A organización existíu durante preto de dous séculos na Idade Media, 1118 a 1312, tendo sido fundada no rescaldo da Primeira Cruzada de 1096, co propósito de protexer aos cristiáns que volveran facer a peregrinacion a Xerusalén despois da súa conquista. Os seus membros facían votos de pobreza, castidade, devoción e obediencia, usaban mantos brancos coa característica cruz encarnada, e o seu símbolo pasou a ser un cabalo montado por dous cabaleiros. O futuro dos Templario estivo vinculado ás Cruzadas. Cando a Terra Santa foi perdida redúcese o seu apoio. Había rumores no tocante a cerimonias de iniciacion secretas que crearon desconfianzas. O Rei Felipe IV de Francia, fondamente envexado coa orde, polo elevado poder ecónimo e social que alcanzaran, comezou a presionar ao papa Clemente V para tomar medidas contra deles. En 1307, moitos membros da orde en Francia foran detidos e queimados públicamente. En 1312, o papa Clemente V disolveu a orde.

O súbito desaparecimento da maior parte da infraestrutura europea da orde deu orixe a especulacións e lendas que manteñen o nome dos Templarios vivo ata ao día de hoxe. Volvéronse así asociados a lendas e segredos e misterios, e máis rumores que foron adicionados nos romances de fición populares, ata mesmo hoxe en día coa aparición de novelas e filmes. Moitas destas lendas están relacionadas coa ocupación temperá pola Orde do Monte do Templo en Xerusalén e da especulación sobre relíquias fabulosas que os Templarios poderían ter atopado alá, coma o Santo Grial.

Nos séculos XII e XIII, a Orde dos Templarios axudara aos portugueses nas batallas contra os musulmáns, recibindo como recompensa extensos dominios e poder político. Por este motivo dise que moitos destes Templarios fuxidos de Europa refuxiáranse en Portugal, tendo logo D. Dinis de Portugal logrado transferir para a Orde de Cristo as propiedades e privilexios dos Templarios, e con eles a súa filosofía mística e os seus segredos.

Din que habían conseguido descifrar unha importante mensaxe cristiá que fixeron súa, unhas posibles ensinanzas paralelas de Xesús de Nazaret que farían desmoronarse aos Evanxeos canónicos e a toda a Igrexa Católica Romana.

É de sobra coñecida a lenda, que non é máis que iso, unha lenda, de que os Templarios albergaban un segredo moi profundo sobre as orixes da cristiandade, a posible relación de Xesús con María Madalena, o Santo Grial, o Sangrial, o Sangue Real, a linaxe de Xesús de Nazaret e María de Magdala. No entanto si que debían adorar a María Madalena.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Orde_do_Temple

https://pt.wikipedia.org/wiki/Ordem_dos_Templ%C3%A1rios

Cruz templaria de oito puntas


Santa María Madalena

María Madalena ou María de Magdala, este sobrenome é un adxectivo que a descrebe como natural de Magdala, unha cidade localizada na costa occidental do Mar de Galilea. É descrita no Novo Testamento como unha das seguidoras máis adicadas de Xesús Cristo. A Igrexa Católica identifícaa como unha pecadora, algo que non é aceptado hoxe. En Lucas 8:2, faise mención, pola primeira vez, de "María, chamada Madalena, da cal saíran sete demos", mais non hai calquera fundamento bíblico para considerala como a prostitua arrependida dos pecados que pedíu perdón a Cristo, tamén non hai mención de que teña sido prostitua.

Din incluso que María Madalena non fora unha discípula máis, que fora unha apóstola, de facto existe un evanxeo apócrifo, o Evanxeo Segundo María Madalena, segundo este texto gnóstico, ela tería sido unha discípula de suma importancia á cal Xesús lle tería confidenciado informacións que non tería pasado aos outros discípulos, que sería a súa preferida, aliás manteñen que foi a súa esposa coa que tivera descendencia, o Sangue Real, o Sangrial, o Santo Grial, a linaxe de Xesús de Nazaret e María de Magdala. Tales factos terían sido agochados por revisionistas cristiáns que terían alterado os Evanxeos.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Madalena

https://pt.wikipedia.org/wiki/Maria_Madalena

https://pt.wikipedia.org/wiki/Jesus

María Madalena. Imaxe de Wikipedia.Portugal

Xesús de Nazaret. Imaxe de Wikipedia.Portugal

Claves ocultas

Vendo isto, temos que a igrexa de São João de Deus está no bairro da Madalena, á que tamén chaman igrexa da Madalena, concordaría coa crenza de que os Templarios a veneraban, que María Madalena fose a apóstola preferida e esposa de Xesús Cristo, e  houberen crido que houbesen tido descendencia, o Sangue Real, o Sangrial, o Santo Grial, a linaxe de Xesús de Nazaret e María de Magdala.

Imaxe de María Madalena no altar maior da igrexa da Madalena

A planta da igrexa está construída en octógono, as igrexas templarias adoitaban ser circulares, formadas por un octógono que é a representación do cuadrado, o símbolo da Terra, e o círculo, símbolo do ceo. Os oito lados, o octógono, tamén é a fusión de dous cuadrados, que sería a representacion dos catro estados físicos entendidos na época, o frío, a humidade, a calor e a sequía, mais tamén os catro elementos, a auga, o ar, o lume e a terra. Ademais o número oito repítese na simboloxía templaria, derivado de todo nos seus símbolos como a Cruz das Oito Beatitudes ou o octógono nestas construcións orixinado da unión dos seus brazos. O oito tamén representa o infinito.

Ciborio central no interior da construción octogonal da igrexa da Madalena


Octógono central no chao da igrexa da Madalena

Centro acústico no interior da igrexa da Madalena

Pódese concluír entón que a igrexa da Madalena de Chaves sería de certo un templo con influenza neo-templaria. E, pensando nesa suposta filosofía e mitoloxia dos Templarios, sería entón un posible monumento honrado á mitolóxica linaxe sagrada de Xesús de Nazaret e María de Magdala, en representación da infinidade do Universo.


Esta figura non é de Chaves, non digo para non saberse, alguén xa descubriría, na realidade é Santa María de Graza, hai outra na igrexa de Monterrei

Esta narración non pretende ser científica, só unha interpretación persoal, emocional e intuitiva, mais baseada en datos contrastables, e en informacións adquiridas e propias, que permitiron chegar a unha dedución coherente e lóxica. Os datos escritos foron obtidos de varias fontes da rede, un curta e cola só, non son moi sólidos mais serven para contextualizar o que se pretende amosar. Se se quere procurar máis información neste eido aí están inseridos os enlaces da Wikipedia Portugal e Wikipedia Galicia e toda a rede mundial ao seu dispor.

Como se baralla a temática das crenzas e mitoloxía relixiosa, e non é un eido aberto para todas as vontades e sentimentos, se non se concordar co proposto ou chegase mesmo a ofender, poderíase modificar ou apagar o relato sen problema ningún.

Grazas, obrigado.