Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xuño de 2016

Un Mestre Gaiteiro nas Terras Esquencidas

E nos xeados seráns invernizos unha foliada das Trebas Tamaganas, emotivo concerto enxebre e virtuoso dun mestre gaiteiro de alén norte, Alexander 'Saxa' Anistratov, coas gaitas de seu, Irlandesa -Irish Uilleann Pipe- e Galega, xénese das urceiras e os torgos, festexado coa formidábel acústica matemática do eximio templo da Mercé e a ialma esvaída na da Misericordia, nesta esquencida Terra Rexiomontana, durante o luscofusco dun outro mércores no trece das xaneiras nun decimosexto secular. Saúde. здоровье.

venres, 22 de xaneiro de 2016

Saen faíscas do brasido dos torgos

Eis un día das xaneiras cando a brétema alumiñaba as valgadas do Támega e o resío da mañá abrollaba polas brañas das veigas antergas. Chegando a Laza ouvíase o resón dos chocallos das vacas mouras pacendo nas pradarías en lembranza da inminente chegada dos peliqueiros, do intrudio, e no vento ulíase o doce arrecendo do fume das lareiras, e do caldo.

Nestes intres de introspección o fado xurdíu unha xuntanza entre dous mestres, o luthier gaiteiro vido de alénnorte e o artesán percusionista. As faíscas refulxían na mesma ialma do obradoiro e o tempo pairaba no ar coma un ataíño silandeiro, quedo. Gaitas asubíos pelexos e ferreñas, e os torgos.

A materia escura, a Erica arborea

E o son do vento feito arte intimando coas Lavercas:




Óuvíanse as pingas da choiva no colmo do tellado cando escomezaba a laboura dos artesáns e as vinchocas ventureiras amostraban o futuro.

















Entón, co decorrer do lume e as urceiras seren desbravadas, fíxose a presenza dun dos artellos máis entregos da serra celta, das Seabras, vindo mesmo da prehistoria, o aturuxo da cerna, o ravel:



E ficamos certo de vernos lá ter noutra, no cimo das Trevincas, na Cova das Choias, nas encostas do Mente, na Illa das Mazairas.


Agradecerlle pois aos artistas Alexander 'Saxa' Anistratov e Eitor de percusións Morenita de Laza por deixarnos compartillar esta xeira chamánica e druídica, espiritual, tan cheia de maxía.

Obrigado !

xoves, 28 de agosto de 2014

ENTRE A AUGA E A PEDRA



O Berro Seco: Milladoiro

Exposición colectiva de daguerres panorámicas en gran formato exclusivamente de Ourense e a súa provincia ca auga como fío condutor (e) da pedra coa que tanto identifícanos


Centro  Cultural  Marcos Valcárcel
Rúa do Progreso nº 30
32003
Ourense
Tlf: 988 38 52 22