luns, 9 de novembro de 2020
Uns contos da zorra
mércores, 4 de novembro de 2020
O Responso na tradición oral
O Responso é unha oración de cando se quería arresponasar a algúen ou a algunha cousa para que a boa sorte ou bo suceso lle acompañase.
É o seguinte:
Responso a San Antonio:
San Antonio florecido
que en Belén fuche nacido.
Se vestíu e se calzou
e o seu libriño rezou.
E ó ir no medio do camiño
con Jesucristo se encontrou.
Jesucristo pronde vas ?
Connosco non irás,
neste monte quedarás,
para guardar a '------'
de lobos e lobas,
de cas e cadelas,
de todo o peligro
que no monte houbera.
Un padre nuestro
e unha ave maría,
á honra de Dios
e da Virgen María.
Recollido en Florderrei, concello do Riós.
E outro recollido en castelán:
Si buscas milagros mira,
muerte y error desterrados,
misteria y demonios idos,
leprosos y enfermos sanos.
El mar sosiega su ira,
redímanse encarcelados,
miembros y bienes perdidos,
recobra mozos y ancianos.
El peligro se retira,
los pobres van remediados,
cuéntenme los socorridos,
díganlo los paduanos.
Gloria al Padre,
gloria al Hijo,
gloria al Espíritu Santo,
como era en el principio
ahora y siempre
por los siglos de los siglos, amén.
El mar sosiega su ira,
redímanse encarcelados,
miembros y bienes perdidos,
recobra mozos y ancianos.
Ruega a Cristo por nosotros,
Antonio divino y Santo,
para que dignos así
de sus promesas seamos.
Haced, oh Señor!
Que la intercesión de vuestro confesor
y doctor San Antonio
llene de alegría a vuestra iglesia
para que siempre sea protegida
con los auxilios espirituales
y merezca alcanzar los eternos gozos
por Cristo nuestro señor, amén.
Gloria al Padre,
gloria al Hijo,
gloria al Espíritu Santo,
un Padrenuestro con Avemaría
a honra de Dios y de la Virgen María.
Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.
E unha oración a Santa Bárbara para afastar as treboadas:
Santa Bárbora bendita,
que nos ceos estás escrita,
nun papel de auga bendita.
Guarda o pan e guarda o viño
e guarda a xente no camiño.
Santa Bárbora bendita,
líbranos de raios e centellas
e de mortes repentinas.
Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.
sábado, 31 de outubro de 2020
O Padrenuestro Pequeniño na tradición oral
Unha oración tradicional do Padrenuestro Pequeniño que non era moi aceptada pola Igrexa Católica:
Padre Nuestro pequeniño
lévame por bo camiño,
camiño de salvación
meus pecados muitos son,
confeiseme ó Padre Santo
que é el home de verdá,
Jesucristo é meu pai,
a Virgen miña mai,
San Vicente meu parente
que me puxo a mau na frente
pra que o Diablo non me tente
nin de noite nin de día.
Aih! Jesús, Ave María,
cantan galos, abren luces,
anxeliños toman cruces,
pra acabar a oración
alabado la pasión.
Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.
Padre nuestro pequeniño,
por o ceo vai ruxindo,
cantan galos,
abren luces,
vamos ver aquelas cruces.
Recollido en Trez, concello de Laza.
Padre nuestro
eí ven o maestro santificado
co pau levantado
...
Fragmento recollido en Castrelo do Val.
Padre nuestro pequeniño
polos ceos vai ruxindo
coas chaves do paraíso,
quen llas deu, que llas daría,
miña crela confesión,
os pecados moitos son,
nunca foron confesados
non a cura nin a fraile
...
Fragmento recollido en Toro, concello de Laza.
E segue así:
...
Meus pecados moitos,
nonos podo confesar
nin cuaresma nin carnaval.
San Antonio estaba a porta
cunha capa moi devota.
Preguntándolle os meniños
si sabián oración.
Oración de Peregrino
cando Cristo era meniño,
puña o pe no seu altar
e a sangriña a pingar.
Tente Magdalena tente,
no la dejes de limpiar,
que estas son las cinco llagas
que Jesús ha de pasar,
por los vivos,
por los muertos,
por los cristianos salvar.
Fragmento recollido en Laza.
domingo, 11 de outubro de 2020
Palabras malsonantes na tradición oral
Para unha recolla de palabras malsonantes preguntamos no Facebook o seguinte:
"Como dicían as nosas avoas cando se enfadaban e lles saían palabróns ?"
Isto é o que nos saíu:
A cona que te fundou
A grande cona que a paríu
Aborto do Demo
Abraia
Ai loba, loba, loba loba
Ai parranfón da cona
Ai, unha neta miña dudando da fe
Aldrabón
Aleixada
Aleixado
Aleixendro
Alpabarda
Andas de zángano
Apalominado
Apalominao
Apapaostiado
Apapostiao
Apirolao
Arampizo
Arnegado sea o Demo
Arráncoche a cabeza
Arromédame e escarallote
Atoallao
Bacenillas
Badanas
Badulaque
Baila na corda
Bala perdida
Bandallo
Baralló
Barracel
Barrecalles
Barrigaverde
Bazapozas
Bestouco
Bestouco
Bulebula
Burra vella
Cabrito
Cadela faldreca
Cagafideos
Cagarrán
Caghapouquiño
Cagharrinchas
Cagho en sos
Cagho na cona da barrilleira
Cagho no mundo
Caghona lei sindiós
Caghondiola
Cago na grande cona que te pariu
Cago na tós
Calaceiro
Cambiouteiros
Candongo
Cantamañanas
Cantante
Caradecona
Carafio
Carallo
Carano
Carneiro
Casalandreiras
Castrón
Cataplasma
Cerracancelas
Choveche
Cirigaitas
Cirighaitas
Como pêlo de cão
Como te vaia buscar,ves a toque de caixa
Cona que te bateu
Cona que te pairu
Cona te parta
Cornos
Demo negro
Dirghrasiau
Doniña
Doutor da mula ruça
É un baldreu
É un chaíñas
Ei vacató
Epe
Eres ben lurpia
Eres zocho de caralla
Escornau
Espichau
Estafermo
Estás com uma tosse de cão
Estás de carallo
Estou coma unha ovella
Estou como unha ovella ruza
Falabarato
Fedello
Fervellasberzas
Fillo da mai
Fillo da nai
Fillo dun can
Filoxera
Fol de veneno
Fozanamerda
Fudegatas
Furafollas
Ghaiteiro
Ghillada
Ghladrán
Hai que caraina
Hai que cona
Hasme levar a tumba, filla dá puta, pero vas
conmigo
Heche a orde
Heiche comer ata asadura
Heiche comer ata os miolos
Heite colgar na lareira xunto os chourizos
Heite enterrar na horta
Heite Fostiar
Heite zampar ó pozo da balighota
Inzas pior cós cuellos
Jibaro
Lagarta
Lambeconas
Lambecuncas
Lambepalletas
Lamecricas
Lamprea
Langosta
Lapa maseira
Lapón
Lobo da fada
Lobos te coman
Lobos te coman
Lobos te nunca coman
Macacos me coman
Mai que te fixo
Mai que te pariu
Mal raio te parta
Mala chispa te leve
Mala cona te coma
Mala cona te mate
Mala hora viñeches ó mundo.
Mala pécora
Mala sentella te coma
Malfalado
Maluco
Manta
Marta ensosa
Mazarocas
Me cagho en chos
Me cagho en idola
Me cagho en ninghún Dios
Me cajo en tódolos santos nun gharrafón e Jesucristo de tapón
Me cagho na cona
Me cagho na cona bendita
Me cagho na grande cona estiá que te pariu
Me cagho na grande cona que te pariu
Me cagho na luna
Me cagho na mar salada
Me cagho na ospra
Me cagho na tos
Me cagho no berse que te abalou
Me cagho no carafio
Me cagho no grande recarallo que te batanou
Me cagho nos zapatiños da virxe
Me cago en todos os santos metidos nun frasco, e
cristo de tapón
Me cago en todos os santos metidos nun garrafón e
deus de tapón
Me cago na cona da virxe bordada coas tripas de
cristo crucificado
Me cago no caralo vintenove
Me cago no cura que te casou
Me cago no forro dos collons do Santísimo
Sacramento do altar
Me cago no pai que te pariu
Me cajo na cona da parteira que che aproveitou
Mecagho en tódolos santos e que dios me perdone se
me olvido dalghún
Mecagonaconaquetefixo
Mecagoninundios
Merdaverde
Mexapouco
Miocas
Mixiricas
Mostrengo
Mouco
Moulón
Nai que te pariu
No Dios que te fixo
No, túa nai non era machorra
Nodiosquetefundou
Non me tires da lingua
Non te deixo un dente na boca, e comes papas toda
a vida
O diaño te leve
Os demos te coman
Ovella ruza
Palaghuan
Palurda
Pánfilo
Papabrevas
Papanatas
Papanverza
Papaostias ou Papostias
Parece un mostrengo
Pareces un adán
Parvo
Pasa diante miña que te fundo
Pastrán
Pecadento
Pégoche unha reviaraostia
Peido molete
Peilabán
Peitoderá
Pelexo
Peliendre
Pelindre
Pendello
Picapleitos
Piernillas
Piolloso
Pioneta
Poldrón
Polondrón
Polondrón
Por onde amargan os pepinos
Porcavella
Pouco se perdía se te cagharan
Prea
Puta que te fixo
Raio te parta
Raios te partan
Rata cuartelera
Recona
Recontra
Rediante
Rediola
Reordia
Saltavallas
Sarna cavalaria
Sarna te leve
Se te comera o Demo de pequena
Se te levara o Demo
Se te partira un raio
Será coneta
Subela
Taranbainas
Te pego una ostia que te fotocopio en la pared
Tés que retellar
Tes unha Badana
Tés unha moulitis que non te lambes
Tés unha Tartana
Tiñoso
Tócalle os collós a Cristo
Trai máis merda ca o pau dun galiñeiro
Trapalleiro
Truán
Vaca tó
Vaca tola
Vacató
Vacoia
Vadoco
Vai á mosca
Vai cagar dun fento embaixo
Vai feito un antroido
Vai rascar a cona
Vai rascar a póutiga
Vai rascar o carallo
Vai tomar polo cú
Vai tomar por onde amargan os pepinos
Vai tomar por onde se empezan os cestos
Vaina rañar
Vaina refucir
Vaite para a cona do carallo
Valdreu
Valdrogas
Vas levar un Verxoazo
Vé o sol antes de nacer
Venma lamber
Veu feito un cristo
Vou calar porque como diga todo o que sei
Vouche alumbrar
Vouche faer medrar o Xuízo
Vouche foder o sarnizo
Xoldrón
Xornamorna
Xoumela
Zamfona
Zampalimosnas
Zarapallo
Zarrampello
Zarrapastroso
Zurete has quedar
E máis que haberá, toda unha riqueza cultural. Obrigado.