Amosando publicacións coa etiqueta Música tradicional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música tradicional. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de outubro de 2016

Tír na nÓg

Eis cá unha pasaxe ao Alén
onde moran as ialmas dos xustos,
o lugar eternamente verde,
Tír na nÓg
ou o cimo do Larouco,
e o vento asubiaba
cunha anterga cantiga
entre fragas e xanzás,
e os Celtas pregaban
a unha divindade esquencida,
enxergada entre néboas e mazás,
e no infindo
o arrecendo do océano
e o firmamento.
 




Sorbus aucuparia







Gentiana pneumonante

Celtic people







O lume é xente, grita.
Mira a auga, tamén é xente, a auga está viva.
O lume é xente forte.
O lume enfádase, na taiga ardeu moitos días, e cando se enfada, da medo.
A auga tamén da medo, e o vento cando se enfada.
O lume a auga e o vento son xente moi forte.

Dersú Uzalá

xoves, 23 de xuño de 2016

Un Mestre Gaiteiro nas Terras Esquencidas

E nos xeados seráns invernizos unha foliada das Trebas Tamaganas, emotivo concerto enxebre e virtuoso dun mestre gaiteiro de alén norte, Alexander 'Saxa' Anistratov, coas gaitas de seu, Irlandesa -Irish Uilleann Pipe- e Galega, xénese das urceiras e os torgos, festexado coa formidábel acústica matemática do eximio templo da Mercé e a ialma esvaída na da Misericordia, nesta esquencida Terra Rexiomontana, durante o luscofusco dun outro mércores no trece das xaneiras nun decimosexto secular. Saúde. здоровье.

venres, 17 de xuño de 2016

Mother Earth, moonlight and serou from A Ermida's Chambo in February 2013

Por mor da retirada no seu momento deste artigo no blogue Rexiomontanos voltamos a subilo  na véspera da Noite do Chambo na Ermida. Desculpai.


 
Aló polo serán a friaxe de febreiro enchía as fondas valgadas da Ermida con antergas cantigas invernizas e as loairas do roibén agoiraban a proximidade do coruscante luar.
 
Nos adentros da floresta ouvíuse o resón señardoso dunha Avelaiona ventureira e, coa queda da noite, a penetrante luzada abrangueu até aos máis varudos picoutos da Serra do Sanmamede.
 
A caeira pairaba no interior do Chambo e as palabras escomezaron a flutuar, amosaban coñecementos atávicos transmitidos nos escanos a carón das lareiras, e enriba da mesa unha broa e un copo de tinto, e o caldo.
 
Os harmoniosos sons dos asubíos e as ferreñas emitiron unha íntima conversa coa Deusa que barruntaban xa o comezo do Intrudio, e na infinda escuridade pronunciouse o morriñento ouvear dun Lobo senlleiro.