venres, 22 de xaneiro de 2016

Saen faíscas do brasido dos torgos

Eis un día das xaneiras cando a brétema alumiñaba as valgadas do Támega e o resío da mañá abrollaba polas brañas das veigas antergas. Chegando a Laza ouvíase o resón dos chocallos das vacas mouras pacendo nas pradarías en lembranza da inminente chegada dos peliqueiros, do intrudio, e no vento ulíase o doce arrecendo do fume das lareiras, e do caldo.

Nestes intres de introspección o fado xurdíu unha xuntanza entre dous mestres, o luthier gaiteiro vido de alénnorte e o artesán percusionista. As faíscas refulxían na mesma ialma do obradoiro e o tempo pairaba no ar coma un ataíño silandeiro, quedo. Gaitas asubíos pelexos e ferreñas, e os torgos.

A materia escura, a Erica arborea

E o son do vento feito arte intimando coas Lavercas:




Óuvíanse as pingas da choiva no colmo do tellado cando escomezaba a laboura dos artesáns e as vinchocas ventureiras amostraban o futuro.

















Entón, co decorrer do lume e as urceiras seren desbravadas, fíxose a presenza dun dos artellos máis entregos da serra celta, das Seabras, vindo mesmo da prehistoria, o aturuxo da cerna, o ravel:



E ficamos certo de vernos lá ter noutra, no cimo das Trevincas, na Cova das Choias, nas encostas do Mente, na Illa das Mazairas.


Agradecerlle pois aos artistas Alexander 'Saxa' Anistratov e Eitor de percusións Morenita de Laza por deixarnos compartillar esta xeira chamánica e druídica, espiritual, tan cheia de maxía.

Obrigado !

5 comentarios:

d:D´ dixo...

Aínda non puiden ver os vídeos, máis esas verbas túas sonche fóra de serie, xenuinamente únicas; ata pódense sentir recendos de fume e ventos de uzal, breixos e torgas.

En conxunto, ambos mestres, retratados por ti forman, en esencia e posibelmente en potencia, unha dualidad xenial de xeito evidente.
Co son da gaita nordesa traia subiotes de rompente grave e farturas de novos sons.
Un pracer, meu.
Cumprimetos
Deica entón

Xosé Ramón Reigada dixo...

Oh Beato D'Arzádegos, obrigadinho, é sempre mesmo um prazer, pois vémo-nos lá, pronto, deica então, cumprimentações

Anónimo dixo...

Apreciado Moncho...has equivocado la profesion...si escribes poesia ilustrada con estas bellas imágenes verbales y gráficas podias ganarte la vida. Eres un artista.
Un abrazo. FERNANDO

Xosé Ramón Reigada dixo...

Oh Fernando ! Muito obrigado pela amizade !
Um outro abraço

alfonso dixo...


· Excelente reportaje.Nos da una idea perfecta de los trabajos que hay que hacer para realizar ese instrumento, que lo encuentro muy parecido al rabel cántabro, al menos sueno muy similar.

· deicaludos b·R

· LMA · & · CR ·