xoves, 10 de marzo de 2022

San Pedro de Rocas

Dende a Tamagania apóiase a pugna contra da ameaza inminente de tronza de árbores, ensanchamento da estrada e desvirtuación da paisaxe na contorna de San Pedro de Rocas. Vaise por a continuar o parecer inmediato segundo o que se víu e se dixo no terreo:

"A obra para a que se van a talar árbores maduras, e algunhas centenarias, e derrubar muros de pedra seca do século XVIII ou anterior, vai ser para anchear unha estrada con moi pouco tránsito, de facto estivemos falando un moi bo tempo no mesmo medio e medio da estrada e non pasou ningún coche, logo parou un e ía onda un de nós, curioso.

Tal e como está, a estrada ten encanto, turístico digamos, se se amplía perderao todo, é coma se a unha corredoira galega lle pasasen maquinaria pesada, tronzasen os carballos e logo a asfaltasen, de facto aos viaxeiros góstalles ver paisaxes singulares con ese algo máis e non unha estrada ordinaria propia de calquera lugar indefinido.

As especies de árbores centenarias que están marcadas para cortar son un alcipreste, Cupressus sempervirens, plantado no século XIX; unha figueira, Ficus carica, de cen anos de idade apoximado; varios pes de abetos de douglas, Pseudotsuga menziesii, moi valorada a estabilidade e verticalidade da súa madeira, estas son árbores xa maduras de varias decenas de anos; uns castiñeiros, Castanea sativa, tamén maduros e que están sen podar polo que teñen verticalidade e bo porte; e outras; logo máis curiosidades que en conxunto diversifican a zona, coma esa floresta de abetos de douglas salferidos de laricios europeus, Larix decidua, secuoias, Sequoia sempervirens, e, lóxicamente, carballos albariños, Quercus robur, estas especies e exemplares últimos non se veran afectados polo ensanche da estrada mais si o conxunto.

De facerse esta obra, o tránsito poda que se intensifique, o que levará a un aumento na mortaldade por atropelo de anfibios, en especial píntegas, Salamandra salamandra, pintafontes verdes, Triturus marmoratus, sapos cunqueiros, Bufo spinosus, e seguro que outros.

Por certo, lémbrese que San Pedro de Rocas é considerado o mosteiro, digamos, máis antigo de Galicia, a súa datación documental seica é anterior ao ano 563 d.C., e desvirtuarase para sempre a súa contorna.

De facerse este ensanche tamén se verá afectado un pazo-casa grande de labor,  hoxe en mans familiares e adquirido durante a desamortización de Mendizábal do século XIX, que posúe varias peculiaridades arquitectónicas, alén de, case con seguridade, estar construído enriba dunha construción anterior propiedade do mosteiro.

Todo isto leva a que calquera persoa vexa que é un lugar único a preservar, e a súa contorna tamén, e de facerse, estragarase o seu encanto e singularidade."

Conxunto monástico de San Pedro de Rocas e contorna:

Casa parroquial seica que do século XVII e cunha reforma no XX antes de ser restaurada na actualidade

Sepulturas antropomorfas altomedievais

A igrexa de San Pedro de Rocas seica data do século XII con posteriores reformas


Interior da igrexa con máis sartegos na rocha, seica tamén hai un fresco do século XII



O campanario din ser construído no século XV

Antigo cemiterio usado ata o século XX



Fonte de San Bieito ou San Benito, con crenza en propiedades medicinais

A gramínea é unha Luzula sp., o fento é do xenero Polypodium

Bosque de carácter atlántico

Nas abas do monte Barbeirón

Floresta de abetos de douglas e posibles eremitorios

Secuoias na estrada de acceso, estas non se verían afectadas, si o conxunto

Singularidade do horreo construído no muro do patio interior do pazo

Cruceiro con protección patrimonial

Pazo-casa grande de labor

Alcipreste do século XIX que desaparecería

Uns dos abetos de douglas que se tronzarían

O encanto da actual estrada, e muro do século XVIII, que se verá afectada

A figueira centenaria afectada

Agardemos se protexa e se preserve este espectacular e extraordinario conxunto patrimonial e natural.

Un saúdo.

venres, 4 de marzo de 2022

Unha rota pola Depresión Meridiana e a Dorsal Galega

Saímonos da Tamagania para ir de rota por terras de Cuntis, segundo hipóteses a etimoloxía do nome pode vir dunha tribo dos Contenos ou dunha ninfa Conventina, a tribo protohistórica que habitou esta zona din ser os Cilenos ou mesmo eses Contenos, e foi chamada polos romanos como Aquae Calidae, co pozo e burga do Lume de Deus, a localidade está enclavada na mesmísima Depresión Meridiana por onde percorría a vía XIX do itinerario Antonino que ía de Bracara Augusta ata Lucus Augusti pasando por esta falla sur-norte entre Tude (Tui) e Iria (Iria Flavia), e limitada a leste pola asombrosa Dorsal Galega, espectacular!

O pazo-reitoral, igrexa e viacrucis de San Fins de Estacas:


Pombal

Pombal

Buxo, Buxus sempervirens, de moita idade

Cameleira, Camellia cf. japonica, de moita idade



Interior do hórreo


Eira


Melaleuca ericifolia vs. M. armillaris, de moita idade


Interior do pazo-reitoral:





Unha reprodución dunha talla románica da Virxe e Neno, outra Virxe en piar, non se sabe ben cal, e unha Virxe da Candeloria, con moita tradición popular en Galicia e que a súa festividade o 2 de febreiro cristianiza un rito pagán ancestral que rende culto á case final do inverno e á xa pronta primavera: "pola Candeloria medio inverno vai fóra", "pola Candeloria casan os paxariños e vaise a gaiñola", e outros ditos

Din ser un aparello para cortar hostias



Un vello proxector de diapositivas


Non podía faltar unha Virxe de Fátima


Ao fondo está o forno




Galiñeiro



Corte




A Bragaña

Igrexa de San Fins de Estacas, orientada a nacente, esta singularidade leuse que é chamada occidentación 




Vía crucis que leva ao calvario





Dende o cimo do Castro Sebil, xa na Dorsal Galega (vídeo en panorámica ao final do artigo):

Toxeira atlántica de Ulex europaeus

Dende a cima víuse un xuvenil de falcón peregino, Falco peregrinus

Cuntis, o val é a mesma Depresión Meridiana, e o monte Xesteiras

Ao fondo a ría de Arousa e o océano Atlántico

Panorámica a sur, en dirección a Campolameiro


Aberiotas, Romulea cf. bulbocodium

Río da Patela:


A Fábrica da Luz onda o río da Patela:

















Fervenza do Érvedo no río da Patela, este topónimo fai referenza á presenza de érvedos, Arbutus unedo:








Castrolandín:



Petróglifo de círculos concéntricos

Lareira castrexa

No castro víronse varios exemplares de lagarta galega, Podarcis bocagei

Cuntis

A Fervenza, río da Patela:







Saxifraga spathularis, endemismo do noroeste peninsular

Muíño da Fervenza

A Lagoa de Zo, na Dorsal Galega:









Monte Cabalar:



Panorámica cara A Estrada

Aquí víuse en voo un Lagarteiro, Falco tinnunculus

A tampa dun dolme, parte inferior

Parte superior da tampa

A Fábrica da Luz de Segade en Caldas de Reis:






Fervenza de Segade, río Umia:






Río Umia

Igrexa parroquial de Santa María de Cuntis:


















E para rematar a xornada unhas montaxes en vídeo da panorámica dende o Castro Sebil e as fervenzas do río da Patela:



Agradécese a amabilidade dos amigos de Cuntis, Concello e Oficina de Turismo, que nos guiaron pola rexión.

Espectacular enclave na Depresión Meridiana e Dorsal Galega, e véndose xa a inmensidade do Océano Atlántico.

Fauna, flora, paisaxe, augas termais, prehistoria, romanización, medievo, pazos, etnografía, lendas, e moito máis. Fascinante!