Eis acó un percorrido lendario pola estreitura das rúas de Vilaza, e como guía, outra volta, o xenial cronista tamagano Bruno Rúa (moito obrigado por todo o aportado), e na inestimable compaña de Anita, Lola, Clara, Manolo, Xosé Luís, Javier e esposa, Emilio, Chelo, Míriam, Claudia, Lois e Xosé Ramón.
 |
| Os enigmáticos petróglifos da prehistoria. |
 |
| Ponte de alicerces romanos. |
 |
| A historia negra da vila, un tempo convulsivo. |
 |
| Anduriña de cu branco, unha importante especie colonial. |
 |
| Cegoña ou balde. |
 |
| Repítense as Figueiras chumbas. |
 |
| Capela do San Brais, onde conta a xente que tivo orixe o pobo. |
 |
| Pedra romana reutilizada. |
 |
| Base dunha columna romana. |
 |
| Pedra labrada cunha serpe, de orixe romana, reutilizada na igrexa da Cruz. |
 |
| Data de consagración da igrexa aló polo século XIII se mal se lembra un. |
 |
| Cruz no muro leste de posible orixe da orde do Temple. |
 |
| Estela romana con cinco nomes, dous deles de orixe indíxena. |
 |
| Igrexa da Cruz onde semella haber existido na idade media un cenobio mixto de homes e mulleres. |
 |
| Arqueoloxía contemporánea. |
 |
| Máis petróglifos nunha pedra reutilizada. |
 |
| Almofadado de orixe romana. |
 |
| Posible miliario romano incrustado na parede. |
 |
| Outra base de columna romana. |
 |
| Palleira típica da bisbarra para secar palla, millo ou herba. |
 |
| Escaleiras e corredores omnipresentes nestas construcións tradicionais. |
 |
| Ara romana. |
 |
| Outros Mundos son posibles. |
 |
| Columnas romanas. |
 |
| Axadrezado da primitiva igrexa románica. |
 |
| Fendas na torre que ameazan derrube. |
 |
| Torre da igrexa, separada do templo, de estilo románico con influencia dos Templarios. |
 |
| Imaxe facilitada por Bruno Rúa, detalle da pedra reutilizada na torre da igrexa, de orixe romana con significado incerto. |
 |
| Máis outro dos pazos da vila. |
 |
| Fotografía antiga facilitada por Emilio Rúa. |
 |
| Imaxe facilitada por Bruno Rúa do extraordinario pontillón que existíu ata fai relativamente pouco tempo, unha mágoa que se perdera esta xoia. |
 |
| Imaxe facilitada por Bruno Rúa da etiqueta do embotellamento da auga de Requeixo. |