sábado, 15 de decembro de 2012

Contos do estraperlo...[As raianas crónicas rexiomontanas]


[Amencer sobor as penas rexiomontanas raianas os trasosmontes lusitanos no ano oitenta e seis, dende a Varonceli]


Unha das cousas que ten eiquí , a *raia, é que ao amencer nunca lle puxeron pegas. 
Ao medodía xamais lle deron o alto.
Cando iso ocorría, eles levantábanse, almorzaban; nós tempo facía.
Espertar os ferros vellos e estabrecer a vixilancia era o seu laborío. O noso xa fora.
Cando nos paraban ninguén sorría; eles á súa hora, nós menos unha.
Estas diferenzas dábannos vantaxe de paso. A ista beira outra  istoria, outros tempos, de moito coidado.
Camiñando, sen velocípedos nin cuadrúpedos adecuados, viaxabamos aos seus ollos sorprendidos.
A isa hora de paso, lembro as súas voces recramándonos. Aperturas de zurrons e sacos.
Cando isto ocorría o sol estaba no alto saltándose todas as barreiras e pasando.
Asunto noso era o solpor, por iso nunca o recramaron.[d:D´]


*Saúdos aos amigos que convidáronme neste novo blogue

2 comentarios:

ñOCO Le bOLO dixo...


· ¡Que hermosa puesta del sol!

· dl·R

· CR · & · LMA ·

d:D´ dixo...

Ei, Ñoco, desde un punto de vista imaginario podría ser sólo para ellos; aunque luego para nosotros siempre sea un amanecer desde la vieja escalera que mira hacia As Lombas,de Vilarinho o Vilaseca.
Imaginando por poco más desde su punto ficticio y desde el otro lado, en un planeta paralelo igual, podría ser puesta si fuera su rotación contraria, aunque para nosotros ya sea tiempo pretérito.
Breves saúdos
B.Darzádegos
dl·A