Nestes intres de introspección o fado xurdíu unha xuntanza entre dous mestres, o luthier gaiteiro vido de alénnorte e o artesán percusionista. As faíscas refulxían na mesma ialma do obradoiro e o tempo pairaba no ar coma un ataíño silandeiro, quedo. Gaitas asubíos pelexos e ferreñas, e os torgos.
A materia escura, a Erica arborea |
E o son do vento feito arte intimando coas Lavercas:
Óuvíanse as pingas da choiva no colmo do tellado cando escomezaba a laboura dos artesáns e as vinchocas ventureiras amostraban o futuro.
Entón, co decorrer do lume e as urceiras seren desbravadas, fíxose a presenza dun dos artellos máis entregos da serra celta, das Seabras, vindo mesmo da prehistoria, o aturuxo da cerna, o ravel:
E ficamos certo de vernos lá ter noutra, no cimo das Trevincas, na Cova das Choias, nas encostas do Mente, na Illa das Mazairas.
Agradecerlle pois aos artistas Alexander 'Saxa' Anistratov e Eitor de percusións Morenita de Laza por deixarnos compartillar esta xeira chamánica e druídica, espiritual, tan cheia de maxía.
Obrigado !
5 comentarios:
Aínda non puiden ver os vídeos, máis esas verbas túas sonche fóra de serie, xenuinamente únicas; ata pódense sentir recendos de fume e ventos de uzal, breixos e torgas.
En conxunto, ambos mestres, retratados por ti forman, en esencia e posibelmente en potencia, unha dualidad xenial de xeito evidente.
Co son da gaita nordesa traia subiotes de rompente grave e farturas de novos sons.
Un pracer, meu.
Cumprimetos
Deica entón
Oh Beato D'Arzádegos, obrigadinho, é sempre mesmo um prazer, pois vémo-nos lá, pronto, deica então, cumprimentações
Apreciado Moncho...has equivocado la profesion...si escribes poesia ilustrada con estas bellas imágenes verbales y gráficas podias ganarte la vida. Eres un artista.
Un abrazo. FERNANDO
Oh Fernando ! Muito obrigado pela amizade !
Um outro abraço
· Excelente reportaje.Nos da una idea perfecta de los trabajos que hay que hacer para realizar ese instrumento, que lo encuentro muy parecido al rabel cántabro, al menos sueno muy similar.
· deicaludos b·R
· LMA · & · CR ·
Publicar un comentario