Rexiomontaneidade
Eduardo Castro
A partires de agora iníciase esta andaina que nos levará por camiños históricos e lendarios, atravesando lugares de vivenzas únicas que se adentran até o máis profundo dos mitos e a memoria colectiva dun pobo, nunha íntima relación do Ser Humano co seu entorno e consigo mesmo, alegoría da espiritualidade aínda presente en contacto coaMai Terra e coa veneración á Natureza. O lugar de partida évos aquí mesmo, dende esta aldea imaxinaria. A forma son letras e proxectos artellados a carón da lareira e entre as bravas fragas dos montes. Iremos entón xuntos na procura de inquedanzas, de colleitas de centeo, do grao do tempo pasado, de dignificación de xente afouta, labregos de seu, de dramas individuais e de vergoñas dos poderosos. Seremos acompañados nos carreiros por xente tan silente como a aguia o vento ou as estrelas, todos xuntos até onde o fado quiser.
Sexais benvidos
A partires de agora iníciase esta andaina que nos levará por camiños históricos e lendarios, atravesando lugares de vivenzas únicas que se adentran até o máis profundo dos mitos e a memoria colectiva dun pobo, nunha íntima relación do Ser Humano co seu entorno e consigo mesmo, alegoría da espiritualidade aínda presente en contacto coa
Sexais benvidos
3 comentarios:
Home, alégrome moito, esas sonche unhas parolas caralludamente boas; entón andaremos xuntando contos e "istorias", e co tempo dispoña de temas que habelas hainas.
Saúde e Ceibedade
Deica logo
Parabéns!
Mais um blogue que vai de encontro às nossas origens, nossos povos, nossa língua - Galécia, nossa terra.
Um abraço
Paulo Coimbra
Nunha merecida homenaxe a estas xentes e a estas terras. Longo tempo levan esperando que alguén se interese pola sua historia e costumes. Arrinca así,un pouco a trancas e barrancas,un proiecto común,entre persoas de diferentes edades e intereses. Brindaremos na lareira,ó fume do carballo ou algunha outra leña,con viño novo do val. Contaremos historias doutros tempos,pra mantelas vivas na memoria,e non esmorezan coma as pedras dos castros e os camiños abandoados polo abandono do rural galego.
Publicar un comentario