venres, 19 de xuño de 2015

Durante as noites galaicas xa clarexando, nas amanceiras perto das Penas Livres.......................................................Conxunción Pedriceira Lembranzas a touro pasado.

(1) Esquilmos das estrbaciós do Macizo Galaico onde pastoreábamos nos vraos sen crases :))´
Rock

Do meu amigo  de xuventude do Calvario
Xosé Lois Portela
(2) Amanhencida no Ventanillo de La Pedriza. 5sep14
...Nas alboradas galaicas, ou ben naqueloutras de luso pastureo, cando aínda eramos rapaces saíamos cas ovellas e cabuxas cara aos sitios de verán nas ribeiras craras dos ríos. Coas mañás frescas de agosto abríanse cortes e curros empuxadas polos cans. Queixo, pan, xamón e tinto pra o caminho e de Garcilaso un libro pra o lecer matutino. Ao crepúsculo zoupeiro do resío sen máis indicadores que os luceiros do ceo ao horizonte nacente. Daquela o sol asomaba cando xa á súa amencida atopándose tudo o fatado pacendo xunto ás vacas.
Que tempos aqueles de aldeias e tominho, romeu, cantroxo e cóbregas a fartura . Saltos de canle e quenlla pra abrirlle a auga ao muinho que constante movía o rodicio. Asixa, engrasado este soltabamos o freo a auga que descendendo con pulo da fonda cisterna ruxía nas aspas zarrapicando o inferno. Pousadamente o gran seixo durmente púnhase a virar coma unha galaxia que saúda chapicando cos seus brazos ás pedras e paredes. Acompanaba este son rudo, xordo e con algún chirrío musical durante un par de horas espantoxando a todo bicho vivente e enmascarado polo vento sumaban orquesta de diatónico fluír da auga que barruntado marcaba compás sen rumbo...

O transcurso da tarde, pasado o xantar do mediodía, era sesteado bandullo arriba observando voos e durmindo; consecoencias da xantada e do vinho.

Recollidos os avenhos e pechando círculos con aqueles mastins tan benvidos que ocupándose de facendas arduas dirixían ao gando en conxunto mentres o sol descansaba da calor producida e chegando esquilmo acima, cando as costas deixaban pendentes pra outro día, polo horizón final, con mirada atlántica, aparecía, aínda que temesinho ao principio, frenxer ao poñente o pastor luceiro; craro indicador de recoximento nas cortinhas... e nós á taberna.
Entre brincadeiras, ceas, unhos copos de augardente, e socráticos discursos de Camus ou de botánica disertábanse vivaces as mellores voces sobre cantigas de Códax, Menduinho, Garcilaso, Fierro, Darío, Ximénez ou Mistral que cal vento aturulaba tralas fiestras...
Mañá vendaval.
E nós a frotarnos as mans, non habería saída... :))´   



(1) Montañas do macizo galaico onde pastoreábamos durante os veráns sen clases 
(2) Durante a noite do venres subín a La Pedriza, a uns dous mil metros de altitude, , ao sector onírico das Torres e corredor de Termes, dende onde estiven fotografando durante toda a madrugada cando saíron, por entre esas rochas, os tres astros protagonistas desa semán finada en conxunción Venus, Xúpiter e Selene.







(1) Montanhas do macizo galaico onde pastoreábamos durante os vraos sin clases :))´
(2) Durante a noite do venres 5 do bromodión subín a La Pedriza, a uns duos mil metros de altitude, ao sector onírico de Las Torres e corredor de Termes, dende onde estiven darragueando tuda a manhencida cando sairon, por entre isas rochas, os tres astros protagonistas de esa semán derradeira na conxunción. Venus, Xúpiter e Selene


Alborada galaica...

Ista entrada olvidóuseme no blo vagando entre pegadas morrinhentas, a boa hora a extraigo e a destripo. Nunca é tarde seica coinciden, o menos, os días e os craros. 
Haiche boas noites senreiras mais os afaceres mandan e pra o lúdico xa haberá máis tempo. 
Sobro as serras xa hai neves, tamén néboas e densas;o  temporal lixeiro chegará e o vento do  Guadarrama, o que chaman Galego, enfriando emprégase nas avenidas, rúas e prazas. É intre de arrouparse.
Pois iso...
Breves saúdos a todos e que xa os responderei con calmo. Non me esquenzo de naide

5 comentarios:

Xosé Ramón Reigada dixo...

Ditoso soslticio de verán e cumprimentos para o Beato D'Arzádegos, vémonos lá !

d:D´ dixo...

Ei, Moncho Reigada, xa andaremos vendo ises esquilmos e outros eidos; pedrinhas dos lameiros e augas tancas das fontes redondelas, daquelas que tanto medo daban o ir carregar os baldes e logo rubir carroucho a cima pra casa dos avós. No solstizo do vrao os días medran e as noites polo Xan eran outras nas que alguén fixo nunha seira unha fogueira nas areas gordas e descubriu o cristal fundente.
Cantas pedrinhas tirei no cuspe da auga ficando bogaran elas levadas polas olas, e logo afundidas xa afogaban os seus brincos no chao perto.
Vémonos lá, vémonos seica podamos
Unha aperta, meu

Ning Jie dixo...

No sé si será cierto lo de que cualquier tiempo pasado fue mejor, pero que solemos recordarlo con dulce nostalgia, creo que sí.
me pierdo en algunas palabras, pero creo que el conjunto, lo voy pillando :)

Saludos!

d:D´ dixo...

Te remitimos a este lugar donde la encontrarás también en lengua castellana:

[ http://bdouzaldarrudaceibeilustrados.blogspot.com.es/2014/11/durante-as-noites-galaicas-xa.html ]

Saludos :)´

d:D´ dixo...

Desde mi punto de vista, cualquier tiempo pasado no fue mejor, el mejor siempre está por llegar; lo que ocurre que esos momentos, algunos de esos, se recuerdan con diferencia bien por ser plácidos, aunque costosos. No eran para nada mejores en ningún aspecto, pero como no había nada mejor que hacer siempre estaba eso de acompañar "a facenda" con el pastor o pastora de la que aprender muchas más cosas de las que podamos imaginar y contar aquí.
Había tardes de pintura y grabado, de poemas, de charla que por ser éstas las mejores el tiempo volaba caminando hacia encharcados prados abajo. Luego, entre medias, mucho que sentir, que ver, oír y callar que cuando las tormentas arreciaban por el oeste nos quedábamos hasta altas horas encerrándonos entre estantes de libros y pocillos de café.
Nostalgia de los días pasados y como en todo por puro instinto aunque nos vienen todos a la memoria sólo dejamos ver aquello que nos resulta más grato; es supervivencia y optimismo.
Pero a veces también salen los peores momentos que llegados hasta aquí son inexistentes.
Saludos :)´