xoves, 23 de xuño de 2016
Un Mestre Gaiteiro nas Terras Esquencidas
E nos xeados seráns invernizos unha foliada das Trebas Tamaganas, emotivo concerto enxebre e virtuoso dun mestre gaiteiro de alén norte, Alexander 'Saxa' Anistratov, coas gaitas de seu, Irlandesa -Irish Uilleann Pipe- e Galega, xénese das urceiras e os torgos, festexado coa formidábel acústica matemática do eximio templo da Mercé e a ialma esvaída na da Misericordia, nesta esquencida Terra Rexiomontana, durante o luscofusco dun outro mércores no trece das xaneiras nun decimosexto secular. Saúde. здоровье.
Etiquetas:
Arte,
Celtas,
Concertos,
Gaita Galega,
Irish Uilleann Pipes,
Música tradicional,
Patrimonio histórico,
Serous,
Torgo,
Trebas,
VERBAS e parolas.,
Vídeos
Localización:
Verín, Terra Esquencida
venres, 17 de xuño de 2016
Mother Earth, moonlight and serou from A Ermida's Chambo in February 2013
Por mor da retirada no seu momento deste artigo no blogue Rexiomontanos voltamos a subilo na véspera da Noite do Chambo na Ermida. Desculpai.
Aló polo serán a friaxe de febreiro enchía as fondas valgadas da Ermida con antergas cantigas invernizas e as loairas do roibén agoiraban a proximidade do coruscante luar.
Nos adentros da floresta ouvíuse o resón señardoso dunha Avelaiona ventureira e, coa queda da noite, a penetrante luzada abrangueu até aos máis varudos picoutos da Serra do Sanmamede.
A caeira pairaba no interior do Chambo e as palabras escomezaron a flutuar, amosaban coñecementos atávicos transmitidos nos escanos a carón das lareiras, e enriba da mesa unha broa e un copo de tinto, e o caldo.
Os harmoniosos sons dos asubíos e as ferreñas emitiron unha íntima conversa coa Deusa que barruntaban xa o comezo do Intrudio, e na infinda escuridade pronunciouse o morriñento ouvear dun Lobo senlleiro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)