Unha oración tradicional do Padrenuestro Pequeniño que non era moi aceptada pola Igrexa Católica:
Padre Nuestro pequeniño
lévame por bo camiño,
camiño de salvación
meus pecados muitos son,
confeiseme ó Padre Santo
que é el home de verdá,
Jesucristo é meu pai,
a Virgen miña mai,
San Vicente meu parente
que me puxo a mau na frente
pra que o Diablo non me tente
nin de noite nin de día.
Aih! Jesús, Ave María,
cantan galos, abren luces,
anxeliños toman cruces,
pra acabar a oración
alabado la pasión.
Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.
Padre nuestro pequeniño,
por o ceo vai ruxindo,
cantan galos,
abren luces,
vamos ver aquelas cruces.
Recollido en Trez, concello de Laza.
Padre nuestro
eí ven o maestro santificado
co pau levantado
...
Fragmento recollido en Castrelo do Val.
Padre nuestro pequeniño
polos ceos vai ruxindo
coas chaves do paraíso,
quen llas deu, que llas daría,
miña crela confesión,
os pecados moitos son,
nunca foron confesados
non a cura nin a fraile
...
Fragmento recollido en Toro, concello de Laza.
E segue así:
...
Meus pecados moitos,
nonos podo confesar
nin cuaresma nin carnaval.
San Antonio estaba a porta
cunha capa moi devota.
Preguntándolle os meniños
si sabián oración.
Oración de Peregrino
cando Cristo era meniño,
puña o pe no seu altar
e a sangriña a pingar.
Tente Magdalena tente,
no la dejes de limpiar,
que estas son las cinco llagas
que Jesús ha de pasar,
por los vivos,
por los muertos,
por los cristianos salvar.
Fragmento recollido en Laza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario