Rota guiada polo equipo arqueolóxico ata o Forte da Madanela, Fonte da Moura e A Cidá, en compaña de veciñas e veciños, interesados no patrimonio cultural e Oficina de Turismo do Concello de Monterrei.
 |
| O Carregal |
 |
| Ailanto, Ailanthus altissima |
 |
| San Cristovo, corrixo erros |
 |
| Canafrecha, Oenanthe crocata |
 |
| Regato do Carregal. O río, mitolóxico, que dicían que en tempos antigos pasaba por debaixo do forte. |
 |
| O Forte, posible entrada principal |
.jpg) |
| Explicacións do arqueólogo e guía |
 |
| Xestais, Cytisus sp. Son pioneiras, é o comezo do bosque. |
 |
| Flor de silva, Rubus sp. |
 |
| Cópula de bolboretas da especie Melanargia lachesis, co nome común proposto, en galego, de pedresa ibérica. |
 |
| Digitalis purpurea, estreloques, nome vernáculo recollido na Madanela este mesmo día. Tamén recollimos o nome de arzán para a especie Lavandula stoechas, semellante a outras zonas da rexión. |
 |
| Subida ao Forte |
 |
| Fento do monte, Pteridium aquilinum |
 |
| Estreloques, sanxoás, e poáceas, gramíneas |
 |
| Estreloque, sanxoán, sanghuán |
 |
| Visita aos traballos arqueolóxicos no Forte |
 |
| Serra do Larouco |
 |
| O Larouco |
 |
| Paisaxe a oeste |
 |
| Outeiro da Vela |
 |
| Serra de Sandín |
 |
| Paisaxe a leste |
 |
| Ólomo, choupo tremedor, Populus tremula, unha especie escasa na rexión. |
 |
| Igrexa parroquial de Santa María Madalena, lóxico por asimilación do nome, mais hai fundamento para crer que a etimoloxía do topónimo Madanela puder ser pre-romana, ou latina con significado diferente ao nome da santa. |
 |
| A Madanela I. Panorámica leste. |
 |
| A Madanela II. Panorámica oeste. |
 |
| Outeiro da Vela |
 |
| San Martiño vs. Sandín (?) |
 |
| Paisaxe a nacente |
 |
| Saída para San Cristovo |
 |
| Posible alxibe do forte |
 |
| Baixada do Forte |
A impresionante tradición oral galego-portuguesa, con transmisión dos antergos (presten atención á precisión explícita dun peiteado galaico) e unhas coplas que nos recitou esta veciña da Madanela, que lle foran transmitidas polo seu avó, e este dos seus avós, e así ata perdérense no tempo. Están cantadas en língua castelá. Isto é relativamente frecuente en determinados contextos, como en case todo o relativo á relixión católica, tamén temos recollido o castelán en determinadas coplas de namorar, e, se cadra, noutros contextos coma este caso, mais por vía natural non sería o común.
Aiquí vese tamén unha certa confusión entre os mouros mitolóxicos e os mouros/moros musulmáns.
 |
| Fonte da Moura |
 |
| Esta rúa, que entra na aldea vindo da Fonte da Moura, dixéronnos que estivo cacetada, empedrada, e que había un pontillón de laxes de granito que cruzaba o río. |
 |
| Ménsulas de orixe incerta. Algúns autores apunta a unha influenza de xudeus readaptadas a varios usos na cultura popular (?). |
 |
| O Forno |
 |
| Parte dun muíño de mao. Aparecen en diversas épocas históricas. Pode ter ata milenios. |
 |
| Outra parte dun deses muíños de mao. |
 |
| Singularidade de peches cubertos nos corredores |
 |
| Repétense as ménsulas de orixe incerta. |
 |
| Patín, patamal e outros elementos arquitectónicos tradicionais. |
 |
| Marcas de canteiría e posible cruz apotropaica, protectora. |
 |
| Enfeite apotropaico nas chaminés |
 |
| Epigrafiado sen determinar, posiblemente medieval, mais sen asegurar. Pendente de estudo. |
 |
| Id. |
 |
| Fonte na rocha, intúese moi antiga, e peso de lagar protexendo o buraco e para rousar. |
 |
| Pecho, cravello ou trabela, e cruz apotropaica. |
 |
| Polboreta nocturna, avelaíña, da especie Zygaena filipendulae. |
 |
| Lagar por fóra, co espazo para a trabe. |
 |
| Lagar de espaldeiras. Fáltalle a trabe e o peso. Posúe un fuso de ferro. |
 |
| Esta planta colgante, rupícola, é unha das varias especies do xénero Sedum. Non é o cardo santo, Sempervivum sp., que se adoitaba plantar na cima de muros e tellados para o seu uso con fins medicinais e apotropaicos. |
 |
| Século XVIII |
 |
| Antiga taberna do Toural |
 |
| Cruz de Calvario como símbolo de protección. |
 |
| Reminiscencias da época da Ditadura Franquista. |
 |
| O parachuvias |
 |
| Praza do cruceiro e terreiro da festa |
 |
| A surreira |
 |
| "Sondaxes arqueolóxicas" |
 |
| Reflexos no vidro |
Convídase aos veciños e veciñas para que corrixan posibles erros ou imprecisións deste post, ou mesmo a ampliaren información se o desexar, agradécese.
[Este post está aberto a modificacións.]
Moitísimas grazas polo interese!
P. E. Adxuntase un enlace a outra reportaxe fotográfica de vai uns anos sobre a Madanela: