luns, 30 de xuño de 2025

A Madanela. O Forte, a Fonte da Moura e A Cidá

Rota guiada polo equipo arqueolóxico ata o Forte da Madanela, Fonte da Moura e A Cidá, en compaña de veciñas e veciños, interesados no patrimonio cultural e Oficina de Turismo do Concello de Monterrei.

O Carregal





Ailanto, Ailanthus altissima


San Cristovo, corrixo erros







Canafrecha, Oenanthe crocata



Regato do Carregal. O río, mitolóxico, que dicían que en tempos antigos pasaba por debaixo do forte.





O Forte, posible entrada principal


Explicacións do arqueólogo e guía


Xestais, Cytisus sp. Son pioneiras, é o comezo do bosque.


Flor de silva, Rubus sp.



Cópula de bolboretas da especie Melanargia lachesis, co nome común proposto, en galego, de pedresa ibérica.





Digitalis purpurea, estreloques, nome vernáculo recollido na Madanela este mesmo día. Tamén recollimos o nome de arzán para a especie Lavandula stoechas, semellante a outras zonas da rexión.







Subida ao Forte

Fento do monte, Pteridium aquilinum


Estreloques, sanxoás, e poáceas, gramíneas




Estreloque, sanxoán, sanghuán

Visita aos traballos arqueolóxicos no Forte





Serra do Larouco

O Larouco


Paisaxe a oeste

Outeiro da Vela

Serra de Sandín






Paisaxe a leste

Ólomo, choupo tremedor, Populus tremula, unha especie escasa na rexión.



Igrexa parroquial de Santa María Madalena, lóxico por asimilación do nome, mais hai fundamento para crer que a etimoloxía do topónimo Madanela puder ser pre-romana, ou latina con significado diferente ao nome da santa.


A Madanela I. Panorámica leste.

A Madanela II. Panorámica oeste.



Outeiro da Vela



San Martiño vs. Sandín (?)



Paisaxe a nacente

Saída para San Cristovo





Posible alxibe do forte







Baixada do Forte




A impresionante tradición oral galego-portuguesa, con transmisión dos antergos (presten atención á precisión explícita dun peiteado galaico) e unhas coplas que nos recitou esta veciña da Madanela, que lle foran transmitidas polo seu avó, e este dos seus avós, e así ata perdérense no tempo. Están cantadas en língua castelá. Isto é relativamente frecuente en determinados contextos, como en case todo o relativo á relixión católica, tamén temos recollido o castelán en determinadas coplas de namorar, e, se cadra, noutros contextos coma este caso, mais por vía natural non sería o común.
Aiquí vese tamén unha certa confusión entre os mouros mitolóxicos e os mouros/moros musulmáns.

Fonte da Moura

Esta rúa, que entra na aldea vindo da Fonte da Moura, dixéronnos que estivo cacetada, empedrada, e que había un pontillón de laxes de granito que cruzaba o río.

Ménsulas de orixe incerta. Algúns autores apunta a unha influenza de xudeus readaptadas a varios usos na cultura popular (?).





O Forno


Parte dun muíño de mao. Aparecen en diversas épocas históricas. Pode ter ata milenios.

Outra parte dun deses muíños de mao.



Singularidade de peches cubertos nos corredores


Repétense as ménsulas de orixe incerta.


Patín, patamal e outros elementos arquitectónicos  tradicionais.

Marcas de canteiría e posible cruz apotropaica, protectora.


Enfeite apotropaico nas chaminés



Epigrafiado sen determinar, posiblemente medieval, mais sen asegurar. Pendente de estudo.

Id.

Fonte na rocha, intúese moi antiga, e peso de lagar protexendo o buraco e para rousar.

Pecho, cravello ou trabela, e cruz apotropaica.

Polboreta nocturna, avelaíña, da especie Zygaena filipendulae.

Lagar por fóra, co espazo para a trabe.

Lagar de espaldeiras. Fáltalle a trabe e o peso. Posúe un fuso de ferro.

Esta planta colgante, rupícola, é unha das varias especies do xénero Sedum. Non é o cardo santo, Sempervivum sp., que se adoitaba plantar na cima de muros e tellados para o seu uso con fins medicinais e apotropaicos.

Século XVIII

Antiga taberna do Toural


Cruz de Calvario como símbolo de protección.

Reminiscencias da época da Ditadura Franquista.

O parachuvias





Praza do cruceiro e terreiro da festa








A surreira






"Sondaxes arqueolóxicas"





Reflexos no vidro




Convídase aos veciños e veciñas para que corrixan posibles erros ou imprecisións deste post, ou mesmo a ampliaren información se o desexar, agradécese.

[Este post está aberto a modificacións.]

Moitísimas grazas polo interese!


P. E. Adxuntase un enlace a outra reportaxe fotográfica de vai uns anos sobre a Madanela:

Ningún comentario: