Rota guiada polo equipo arqueolóxico ata o Forte da Madanela, Fonte da Moura e A Cidá, en compaña de veciñas e veciños, interesados no patrimonio cultural e Oficina de Turismo do Concello de Monterrei.
 |
O Carregal |
 |
Ailanto, Ailanthus altissima |
 |
San Cristovo, corrixo erros |
 |
Canafrecha, Oenanthe crocata |
 |
Regato do Carregal. O río, mitolóxico, que dicían que en tempos antigos pasaba por debaixo do forte. |
 |
O Forte, posible entrada principal |
.jpg) |
Explicacións do arqueólogo e guía |
 |
Xestais, Cytisus sp. Son pioneiras, é o comezo do bosque. |
 |
Flor de silva, Rubus sp. |
 |
Cópula de bolboretas da especie Melanargia lachesis, co nome común proposto, en galego, de pedresa ibérica. |
 |
Digitalis purpurea, estreloques, nome vernáculo recollido na Madanela este mesmo día. Tamén recollimos o nome de arzán para a especie Lavandula stoechas, semellante a outras zonas da rexión. |
 |
Subida ao Forte |
 |
Fento do monte, Pteridium aquilinum |
 |
Estreloques, sanxoás, e poáceas, gramíneas |
 |
Estreloque, sanxoán, sanghuán |
 |
Visita aos traballos arqueolóxicos no Forte |
 |
Serra do Larouco |
 |
O Larouco |
 |
Paisaxe a oeste |
 |
Outeiro da Vela |
 |
Serra de Sandín |
 |
Paisaxe a leste |
 |
Ólomo, choupo tremedor, Populus tremula, unha especie escasa na rexión. |
 |
Igrexa parroquial de Santa María Madalena, lóxico por asimilación do nome, mais hai fundamento para crer que a etimoloxía do topónimo Madanela puder ser pre-romana, ou latina con significado diferente ao nome da santa. |
 |
A Madanela I. Panorámica leste. |
 |
A Madanela II. Panorámica oeste. |
 |
Outeiro da Vela |
 |
San Martiño vs. Sandín (?) |
 |
Paisaxe a nacente |
 |
Saída para San Cristovo |
 |
Posible alxibe do forte |
 |
Baixada do Forte |
A impresionante tradición oral galego-portuguesa, con transmisión dos antergos (presten atención á precisión explícita dun peiteado galaico) e unhas coplas que nos recitou esta veciña da Madanela, que lle foran transmitidas polo seu avó, e este dos seus avós, e así ata perdérense no tempo. Están cantadas en língua castelá. Isto é relativamente frecuente en determinados contextos, como en case todo o relativo á relixión católica, tamén temos recollido o castelán en determinadas coplas de namorar, e, se cadra, noutros contextos coma este caso, mais por vía natural non sería o común.
Aiquí vese tamén unha certa confusión entre os mouros mitolóxicos e os mouros/moros musulmáns.
 |
Fonte da Moura |
 |
Esta rúa, que entra na aldea vindo da Fonte da Moura, dixéronnos que estivo cacetada, empedrada, e que había un pontillón de laxes de granito que cruzaba o río. |
 |
Ménsulas de orixe incerta. Algúns autores apunta a unha influenza de xudeus readaptadas a varios usos na cultura popular (?). |
 |
O Forno |
 |
Parte dun muíño de mao. Aparecen en diversas épocas históricas. Pode ter ata milenios. |
 |
Outra parte dun deses muíños de mao. |
 |
Singularidade de peches cubertos nos corredores |
 |
Repétense as ménsulas de orixe incerta. |
 |
Patín, patamal e outros elementos arquitectónicos tradicionais. |
 |
Marcas de canteiría e posible cruz apotropaica, protectora. |
 |
Enfeite apotropaico nas chaminés |
 |
Epigrafiado sen determinar, posiblemente medieval, mais sen asegurar. Pendente de estudo. |
 |
Id. |
 |
Fonte na rocha, intúese moi antiga, e peso de lagar protexendo o buraco e para rousar. |
 |
Pecho, cravello ou trabela, e cruz apotropaica. |
 |
Polboreta nocturna, avelaíña, da especie Zygaena filipendulae. |
 |
Lagar por fóra, co espazo para a trabe. |
 |
Lagar de espaldeiras. Fáltalle a trabe e o peso. Posúe un fuso de ferro. |
 |
Esta planta colgante, rupícola, é unha das varias especies do xénero Sedum. Non é o cardo santo, Sempervivum sp., que se adoitaba plantar na cima de muros e tellados para o seu uso con fins medicinais e apotropaicos. |
 |
Século XVIII |
 |
Antiga taberna do Toural |
 |
Cruz de Calvario como símbolo de protección. |
 |
Reminiscencias da época da Ditadura Franquista. |
 |
O parachuvias |
 |
Praza do cruceiro e terreiro da festa |
 |
A surreira |
 |
"Sondaxes arqueolóxicas" |
 |
Reflexos no vidro |
Convídase aos veciños e veciñas para que corrixan posibles erros ou imprecisións deste post, ou mesmo a ampliaren información se o desexar, agradécese.
[Este post está aberto a modificacións.]
Moitísimas grazas polo interese!
P. E. Adxuntase un enlace a outra reportaxe fotográfica de vai uns anos sobre a Madanela: