venres, 17 de xuño de 2016

Mother Earth, moonlight and serou from A Ermida's Chambo in February 2013

Por mor da retirada no seu momento deste artigo no blogue Rexiomontanos voltamos a subilo  na véspera da Noite do Chambo na Ermida. Desculpai.


 
Aló polo serán a friaxe de febreiro enchía as fondas valgadas da Ermida con antergas cantigas invernizas e as loairas do roibén agoiraban a proximidade do coruscante luar.
 
Nos adentros da floresta ouvíuse o resón señardoso dunha Avelaiona ventureira e, coa queda da noite, a penetrante luzada abrangueu até aos máis varudos picoutos da Serra do Sanmamede.
 
A caeira pairaba no interior do Chambo e as palabras escomezaron a flutuar, amosaban coñecementos atávicos transmitidos nos escanos a carón das lareiras, e enriba da mesa unha broa e un copo de tinto, e o caldo.
 
Os harmoniosos sons dos asubíos e as ferreñas emitiron unha íntima conversa coa Deusa que barruntaban xa o comezo do Intrudio, e na infinda escuridade pronunciouse o morriñento ouvear dun Lobo senlleiro.
 




































1 comentario:

ñOCO Le bOLO dixo...


Magnífica serie de fotografías. Me encantan las del grupo alrededor de la lumbre.

saludos ¿b·R?

· LMA · & · CR ·