venres, 17 de xuño de 2016

Mother Earth, moonlight and serou from A Ermida's Chambo in February 2013

Por mor da retirada no seu momento deste artigo no blogue Rexiomontanos voltamos a subilo  na véspera da Noite do Chambo na Ermida. Desculpai.


 
Aló polo serán a friaxe de febreiro enchía as fondas valgadas da Ermida con antergas cantigas invernizas e as loairas do roibén agoiraban a proximidade do coruscante luar.
 
Nos adentros da floresta ouvíuse o resón señardoso dunha Avelaiona ventureira e, coa queda da noite, a penetrante luzada abrangueu até aos máis varudos picoutos da Serra do Sanmamede.
 
A caeira pairaba no interior do Chambo e as palabras escomezaron a flutuar, amosaban coñecementos atávicos transmitidos nos escanos a carón das lareiras, e enriba da mesa unha broa e un copo de tinto, e o caldo.
 
Os harmoniosos sons dos asubíos e as ferreñas emitiron unha íntima conversa coa Deusa que barruntaban xa o comezo do Intrudio, e na infinda escuridade pronunciouse o morriñento ouvear dun Lobo senlleiro.
 




































mércores, 10 de febreiro de 2016

As luces ao noroeste da noite doutros tempos: *Gúmer ou a trata de persoas I [^]...............................................................Apuntes astrodaguerrantes: A árbore do afogado










Sixto Rodríguez : Rich Folks' Hoax 

Istorias  arredor  de  ªLámbica I

[Eiquí en castelán]

Tuda realidad parte dun mito ca desdibuxad:D´

*Sindo que vivía na baixada á igrexa de Lavadores era un tipo estraño, máis polo escaso que polo seu físico. Todo o mundo conhecía o seu costume astroso e selleiro que por herdo familiar dedicou, mentras os sesenta e setenta, ao tráfico de persoas dende África. Negreiro dicían algúns; outros, simplesmente tratante, ou chalán,  de escravos que co seu escuro e vello furgón Mercés ficábao cada día naquela praia agardando a que amencese chea de corpos exhaustos pra recollelos e levalos...fedorentos e extravagantes anos que lle reportaron suculentos bens ata que unha vez ocorreu iso mesmo. Unha tempestade de area sepultouno, furgón incluído. Xace, segundo as peores linguas, baixo unha medonha de toneladas de cando aquela infernal galerna truncou as súas expectativas de facer carreira en vida. 

Endexamais familiar algún depositou chores na súa lembranza. O ¨lúar actualmente, frecuentado por adictos e políticos de tudo tipo, delata a súa presenza por algúns botellos e refugos que afunden cada noite de borrascas e bebedeiras; logo, a resaca marinha limpa calquera rastro perdido. 

Remate acronoxéstico:
Hai mundos paralelos que mergullan os seus escrúpulos en réditos de home ra e invisten todo canto posúen pra mercar a outros co obxecto de cousificarlos. 

As autoridades locais aconselladas por antropólogos e expertos buzos xamais tocaron a duna e coutárona cunha cerca de fino e desconcertante arame.d:D´




Skip James: Hard Time Killin' Floor Blues



[ ¨Polo inhóspito]

venres, 22 de xaneiro de 2016

Saen faíscas do brasido dos torgos

Eis un día das xaneiras cando a brétema alumiñaba as valgadas do Támega e o resío da mañá abrollaba polas brañas das veigas antergas. Chegando a Laza ouvíase o resón dos chocallos das vacas mouras pacendo nas pradarías en lembranza da inminente chegada dos peliqueiros, do intrudio, e no vento ulíase o doce arrecendo do fume das lareiras, e do caldo.

Nestes intres de introspección o fado xurdíu unha xuntanza entre dous mestres, o luthier gaiteiro vido de alénnorte e o artesán percusionista. As faíscas refulxían na mesma ialma do obradoiro e o tempo pairaba no ar coma un ataíño silandeiro, quedo. Gaitas asubíos pelexos e ferreñas, e os torgos.

A materia escura, a Erica arborea

E o son do vento feito arte intimando coas Lavercas:




Óuvíanse as pingas da choiva no colmo do tellado cando escomezaba a laboura dos artesáns e as vinchocas ventureiras amostraban o futuro.

















Entón, co decorrer do lume e as urceiras seren desbravadas, fíxose a presenza dun dos artellos máis entregos da serra celta, das Seabras, vindo mesmo da prehistoria, o aturuxo da cerna, o ravel:



E ficamos certo de vernos lá ter noutra, no cimo das Trevincas, na Cova das Choias, nas encostas do Mente, na Illa das Mazairas.


Agradecerlle pois aos artistas Alexander 'Saxa' Anistratov e Eitor de percusións Morenita de Laza por deixarnos compartillar esta xeira chamánica e druídica, espiritual, tan cheia de maxía.

Obrigado !

xoves, 14 de xaneiro de 2016

NATUREZA en branco e negro.........Exposición colectiva


Lila, Milladoiro

Exposición colectiva de daguerres 
 da natureza coa que tanto identifícanse 
 estes artistas cas súas sacas das vistas


Centro Cultural Marcos Valcárcel 
Rúa do Progreso nº 30 
32003 Ourense 
Tlf: 988 38 52 22

mércores, 23 de setembro de 2015

A DESPEDIDA...do Lobishome ao irmán raposo [Tronidos que relampando rozan carreiros de meimendros.A humanización da besta] O derradeiro tranfuxido no monte






Magna Carta: Old Man



Contos no estraperlo V:

O tempo *voa a vida nas súas *ás campa viaxeira medorenta a caérsenos enriba e nos con ela...

Alivio Douspasos Adiante, nado ao calor dunha lareira, fíxose maior co sainete e os madrigais que o seu titío contáballe alá nas pódalas do emparrado; cabisbaixos ámbolos recitabanse pra consolo das horas e o tempo lixeiro. O traballo improductivo de subsistencia embargábaos mentras horas importándolles unha alcarabía si manhá había votacións ou era festivo. Este e a facenda non tinhan horarios nin sabían de descansos, eran asuntos sen importancia que eles facían de meia gana só pra seguir vivindo un día máis ata chegar as matanzas. O frío vento de finais, xa recolleitas anadas e tubérculos, era agora gran de batalla e carne de muinho que ambos sobor burrinhos transportaban con temperanza aos pés da montanha á que voltaban pasados uns días. Despois cas sacas fóra do alcance de leiróns e outros furelos íanse pasando os intres con bos cigarros e pipas, leituras e xaques, mates e damas no calor da cocinha. Caída a noite sobor unha cunca de días de lardo só e verzas daban sabor á pota semanal do único caldo amigo de ruíns patacas louras. Migallas de pan con leite e vinho azucrado ao almorzo e outrora volta ao eido agora coidando as abellas ás que pacentemente tratan por si escasean ou caen enfermas dalgún mal queixadas. Entre tantas necesidades unhas veces xantaban ao medodía e outras no esquecemento chegando a casa eran xa horas de comida. Outrora sería.

Unha vez, Douspasos Adiante, viu un empardecido intenso, luzada da noite,  mentres apacentaba o escaso do gando e quedouse ao fin prendourado mentras duraron as luces da físgoa e chegoulle a hora verde, ínterim único punto. Cando regresou ao fogar falou co gran vello e isto foi o que lle dixo: 

 ──*Xiao, Micavelo , si non che importa, quero percorrer o mondo e ver onde o sol asconde sonhos. 

O avó tristeiro levantándose sen présa e co aspecto moi adusto achegouse a el e deulle un grande apreixo de despedida. Logo dixo 

 ──Sabía que algún día chegaría este intre e por iso tínhate gardado algo que che será indispensábel. Ben trátao e sempre che será moi útil; con iso poderás ver máis aló do mundo, tralo solpor.


Xuntos baixaron a un recuncho desconhecido pra Alivio e apartando unha chea de pallas da corte descubriu o cadro dun velocípedo coruscante co cambio que ponhía *alivio-23sinmans. Daquela descubríndoo por compreto apareceu decata unha cicleta de roda setecentos de cando el músico entreguerras ía por pobos, aldeas e luares recitando e tocando a gaita a calquera que lle dese dous pesos ou un chan onde pasar a noite si o día botábaselle enriba. 

Contan que despedíronse unha manhá polo boedromión e, logo das vendimas, perdéronse de vista pola distancia de poalleira que fundía solapando *recordos nos ollos dámbolos. 
Un traxe de chaqueta elegante pana e terlenka pra a viaxe pedaleando era a súa cruz e raia viva. Xiz de sastre raioto.

Seica saiba algún día algo del, pensaba o que se queda. 

──Si podes escribe algo ──voceou o tío, mais o mozo só puido, virando a cachola, axitar os seus brazos en sinal de despedida. d:D´



Albertucho: Ángel de la guarda

[*Adiante Ivasoio son os apelidos do seu tío; Norbeto Llulius os seus alcumes e oitenta e dous finados. 3266]
[O curioso da anécdota é que o que se foi foi o vello, xa un transfuxido permanente, o outra xa leva un tempo pedaleando sobor a cicleta de varillas, ista xa con setenta e cinco anos de roda tempa]
[*É unha referencia a os cambios ShimanoAlivio21 das rodas traseiras :)´]
[*Recordos: bágoas. É un sinónimo lembrando as parolas daquela pilícula Blade Runner]

Cantos viaxes fixemos xuntos, meu. O fin, despois de tantos anos xa non voltareiche a ver...E bótoche de menos tanto coma os outros dous que transfuxiron o ano pasado, coido no mesmo mes. As veces penso en vos e váiseme un anaco dá vida con cada solpor. De cativo, ti, coidando de min e xogando; xa de maior eu ocupábame de ti en cada unha das nosas viaxes. Foron anos departindo de filosofía, teoloxía, antropoloxía, arte  e, entre medias, chistes e anécdotas cas que riamos coma tolos. Eu cada volta máis apóstata, ti cada outra maís lonxe. Xa de xoven eras filósofo e apartado, de vello ficache o revés. Eu fixen o contrario.
E aínda ficaba moito que falar, viaxar, contar, rir...E aínda fícame o teu irmao a quen vesito as veces.
Grazas, meu, pola vida compartida. Bricd

[Mirando ao Atlántico dende as estribaciós das *Penas Livres...ou Ceibes]


George Harrison: My sweet Lord

[*Livres: Nos mapas feitos ata agora esta serra onde morre o Macizo Galaico aparece nomeada coma "Penas Libres"; algo que no meu xeito de ver é unha aberració. O nome en galaico sería "Penas Ceibes", mais o ser raiota sempre tivo o nome de Livre do galaicolusitán. Os que fixeron os mapas entendían que era unha errata (coma cando escreben o meu hipocorístico o que lle suman unha "d" final sen máis; sen facer caso do acento na primeira sílaba) e logo a trocaban ca letra "b". Unha pena que non merecen estas penas. 
Serra de Penas Livres é o seu nome;  serra raiota, de homes e mulleres livres que sempre caminharon xuntos, da man dos que fican a outra beira da raia]