martes, 28 de setembro de 2021

O Larouco, que pode ser?

O Larouco, unha montaña sagrada:

É de sobra coñecido o monte do Larouco, a montaña do Larouco (a segunda montaña máis alta do Portugal continental), por parte de tódolos habitantes da súa contorna e de moito máis alá, dende todos os puntos do territorio nos que se divisa a pareidolia, que non apofenia, da "súa silhueta de mulher deitada com a cabeça e as mamilas pra cima", segundo di o ilustre Padre Fontes, recortada contra o ceo, contra o firmamento, contra a eternidade, no lonxíncuo:

O Larouco dende A Fraga dos Lobos do outro lado do val de Monterrei.

Divísase dende O Paraño, nos confíns aurienses alén do Miño; pasando pola montaña sacralizada de San Mamede; pola serra do Queixa, animal mitolóxico e formidable; ata o mesmo cimo de Galicia, Trevinca; ou As Portelas de Seabra, intuíndose xa a meseta castellana; dende a serra do Xerés, como porta de acceso natural a Bracara Augusta; pasando pola serra do Marão, a morada doutro deus, Reve Marão; e a serra da Padrela a sur; ata a Santa Comba do Picoto, en terras de Mirandela, xa na visual do Douro; e moito máis lonxe, dende o Alén.

O ilustre profesor e arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, conta que en Lucenza, de pequeno, lle dicían que se se subía ao cimo do Larouco, nun día claro, podíase ver o Mar de Vigo, non calquera mar, senón mesmo o de Vigo, o océano Atlántico, o Mare Tenebrosum.

Non fai falta dicir que na antigüidade era un monte sagrado para os pobos indíxenas da rexión, coma moitos outros montes (montañas).

O Larouco dende o cimo de Trevinca.

O Larouco, un Deus Máximo:

Alén diso era un deus, non un deus calquera, un deus máximo. Os romanos ao chegaren a esta zona da Gallaecia asimilárono a Xúpiter, cousa que ocorreu en moi poucos lugares de todo o Imperio, aquí está testimoniado en varias aras epigrafadas onde se fai referencia a este deus:

Unha ara atopada en Vilar de Perdizes na que se pode ler "LARAVC/O D(...) MAX/VMO V(...)/ L(...) A(...) S(...)", leríase como "LARAVC/O D(eo) MAX/VMO V(otum)/ L(ibens) A(nimo) S(olvit)", é dicir, "cumpriu o seu voto con ánimo alegre a Larouco, Deus Máximo". Máximo atribúeselle a Xúpiter. Xunto desta estaba outra adicada mesmo ao deus Xúpiter, coa gravura "Iovi/ O(ptimo) Max(imo)/ Capito CARM(inus)", é dicir, "capitán Carminio ofreceu este altar a Xúpiter Óptimo Máximo, con ánimo alegre".

Outra ara atopada en Baltar coa gravura "D(eo) REVE/LARAUCO/VALEN(nus) APERT EX/VOTO", "para o Deus Reve dos Laroucos, de Valeno Aper, por unha promesa".

E outra ara atopada en Santo António de Monforte - Curral de Vacas, Chaves, na que se pode ler a inscrición "LAROCVO/AMA PITIL/I FILIA LIBII(NS)/ANIMOV/ TUM RITVLI/ PRO MARITO SV(O)", "a Larouco, de Ama Pitili, en cumprimento dun voto en favor do seu marido", neste caso non hai palabra algunha que faga alusión a unha divinidade mais o carácter divino de Larouco está implícito no texto.

Na bisbarra de Monterrei, tamén apareceron aras adicadas a Xúpiter Óptimo Máximo, as aras de Castrelo do Val, de Videferre (hoxe depositada en Espiño), de Tintores e de Queizás, segundo di a historiadora, investigadora e arqueóloga Nieves Amado Rolán de Laza.


Larouco, Sucellus, Dagda:

Tamén apareceu en Vilar de Perdizes unha representación dunha divinidade que moitos identifican co mesmo Deus Larouco, non se pode asegurar xa que non apareceu epigrafía. Este baixorelevo en pedra de grá foi descuberto polo ilustre persoeiro António Lourenço Fontes, o Padre Fontes (etnógrafo do Barroso, e de maneira indirecta da Galiza, e cronista e escritor e non só), agochado no solo do galiñeiro do piso superior no interior da Igrexa Matriz de São Miguel Arcanxo de Vilar de Perdizes.

O Padre Fontes en Vilar de Perdizes.

Interior da Igrexa Matriz de São Miguel Arcanxo de Vilar de Perdizes.

Posible representación do Deus Larouco de Vilar de Perdizes na súa posición orixinal.

Posible representación do Deus Larouco de Vilar de Perdizes.

Polo falo tan grande que tén foi asimilado co deus Dagda irlandés, ou o deus Sucellus galo, sería o Grande Pai, o señor de todos os deuses. O deus Sucellus represéntase cun mazo na man, coma este, o deus ferreiro, o deus forxador, o traedor de prosperidade. Sería a primeira representación deste deus en toda a península Ibérica. A súa cronoloxía podería ser anterior ao deus Sucellus, asimilado este polos romanos a Hércules, xa que o deus Larouco sería dos albores da Idade do Ferro. Tamén houbo unha intención de verse na súa man esquerda unha serpe enroscada, de ser así podería ter relación cos Saefes, as tribos de adoradores de serpes da Gallaecia, que, como veremos máis adiante, podería corresponderse coas lendas existentes hoxe en día na rexión.

http://estudoslusofonos.blogspot.com/2016/01/larouco-deus.html

http://www.manuelgago.org/blog/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus/

https://pt.wikipedia.org/wiki/Padre_Fontes


Os Saefes, os adoradores de serpes:

Os saefes foron un pobo da Idade do Ferro que habitou o sur de Galicia e o norte de Portugal e que, eran tribos da Idade do Bronce procedentes da rexión do río Rhin e Suíza e pertencentes á Cultura dos Campos de Furnas, chegando á Gallaecia mesturáronse cos oestrimnios, de Oestrimnia, logo chamada Ophiusa, terra das serpes, deu orixe ao pobo galaico. Foron denominados saefes por teren á serpe como animal totémico que representaba o seu poder guerreiro e o seu deus. Entre as tribos do redor do Larouco estarían os turodos ou aquiflavienses da zona de Chaves, os luancos que vivirían na zona entre os ríos Támega e Túa, os caladunos na zona do Barroso e poida que ata por Cualedro segundo di o ilustre Antonio Rodríguez Colmenero, os límicos na Limia, e máis, e poida que incluso os tamaganos que habitarían na zona do val do Alto Támega galego e poida que boa parte da actual bisbarra de Monterrei a leste, isto é aventurado a dicir, tamén se alude aos habitantes das beiras do río Bibei en Viana do Bolo, e os tamaganos quedarían en medio dos antes descritos. O culto ofiliátrico dos saefes vén testemuñado polas representacións de serpes en varios castros, tamén por lendas de serpes voadoras que farían referencia ao seu culto, non eran vistas como animais daniños senón que beneficiosos e sagrados.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Saefes

https://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=1633


Unhas lendas das serpes sagradas voadoras:

Ben, agora vaise narrar unha lenda recollida polo etnógrafo e escritor José Rodríguez Cruz da Gudiña, en Parada da Serra, do concello da Gudiña, viña a dicir isto:

"...As quiobras vellas crían no corpo unhas cunchas que lle serven para voar cara ao mar, onde morren... ...En Parada da Serra (A Gudiña) din que as culebras cando xa son vellas crían tres cunchas, que cando queren voar lonxe meten o rabo na boca e despois van coller altura para realizar o voo ao alto da Valada do Regueiro de Pumedo. Neste lugar hai o seguinte dito que lle din as culebras que voan:

-Vai prá Serra de Larouco.

-Vou, rabiará quen me víu

e non me matou".

Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca. A máxica fronteira Galego-Portuguesa. José Rodríguez Cruz, António Lourenço Fontes. Ir Indo Edicións, Vigo. 2004.

O antropólogo tamagano Bruno Rúa Martíns tamén recolleu esta lenda de voaren as serpes e iren morrer ao Larouco na aldea do Tameirón, do concello da Gudiña.

Tamén se recolleu a un actual veciño de Pazos, oriúndo de Parada da Serra do concello da Gudiña, a este contárallo a súa avoa.

Por certo, nas zonas achegadas á costa esas serpes voadoras mitolóxicas e sagradas ían morrer ao mar, ao océano, á liña do horizonte, ao alén mar.


O Larouco, que pode ser máis?:

Isto lévanos a concluír que O Larouco era en primeiro lugar unha montaña sagrada, por enriba disto era un deus máximo case único no territorio do Imperio Romano, mais por cima do deus hai algo moito máis grande, moito máis cobizado, moito máis transcendental, que poderá haber entón por riba dun deus?, nada menos que:

O Paraíso!

O Larouco era unha porta de acceso ao paraíso, un Portalén, unha porta ao Alén, un paso ao Máis Alá, alí é onde ían morrer as serpes sagradas dos posibles Saefes da Gudiña.

Na mitoloxía céltica irlandesa sería o símil de Tír na NÓg, a Terra dos Sempre Xoves, o paraíso dos celtas, que segundo din era unha illa que estaba no mar alén da liña do horizonte onde ían os espíritos dos defuntos. Un lugar máis aló dos bordos do mar situado nunha illa cara o solpor, un lugar onde a enfermidade e a morte non existían, o lugar da eterna xuventude e a beleza, alí, a música, a forza, a vida, e tódalas actividades placenteiras uníanse nun só lugar, alí a ledicia duraba para sempre, ninguén pedía comer ou beber. O equivalente, que non igual, ao Valhala da mitoloxía nórdica, dos vikingos, O Pazo dos Mortos Heroicos.

Sería tamén unha Illa das Mazairas, Ávalon, a Illa dos Benaventurados, onde abondan as mazás e non se pasa fame.

Ou unha Illa de San Brandán, as Illas Afortunadas, as Illas do Brasil.

En resumo, unha utopía, "Libellus vere aureus, nec minus salutaris quam festivus, de optimo rei publicae statu deque nova insula Utopia", e o paraíso é a utopía máxima, a vida eterna do espírito, a comuñón co Deus, e coa Deusa Mai, coa Magna Mater, coa Mai Terra, coa Natureza, co Universo, co Cosmos, polo tanto sería non unha simple utopía, senón unha:

Utopía Óptima Máxima, a inmortalidade, o infinito: O Larouco !


https://gl.wikipedia.org/wiki/T%C3%ADr_na_n%C3%93g

https://gl.wikipedia.org/wiki/Valhalla

https://gl.wikipedia.org/wiki/Avalon

https://gl.wikipedia.org/wiki/Illa_de_San_Borond%C3%B3n

http://www.fh-augsburg.de/~harsch/Chronologia/Lspost10/Brendanus/bre_navi.html

https://pt.wikipedia.org/wiki/Deusa-m%C3%A3e

https://gl.wikipedia.org/wiki/Utop%C3%ADa


Pídense desculpas por se houber algunha imprecisión, acéptanse suxerencias e revisións, o relato está aberto a modificarse e ampliarse para poder completar mellor esta interpretación, áchase que axeitada ao contexto.

E subliñar que non é, nin pretende ser, unha publicación científica, só emocional, iso si, baseada en datos contrastables, moitos deles corrixidos por expertos xa que as fontes da rede non son do todo fiables. As conclusións ás que se chegou son intuitivas, coa análise de información adquirida e propia para chegar a deducións meditadas e lóxicas. No entanto, se alguén non concordar retiraríase sen problema.

Grazas, obrigado.

luns, 9 de novembro de 2020

Uns contos da zorra

* Conto recollido na Pena do Souto:


A zorra entrou nunha cociña da Pena do Souto e comeu as papas que estaban no pote.

Ao saír encontrouse co lobo e ela como estaba toda farta non podía case andar e queixouse ao compadre, o lobo, que a levara ao lombo. E ao ir a cabalo del dicía:

"María arteira,
María arteira,
farta de papas
e vai cabaleira".

E o lobo respondíalle: "Que di señora comadre?".

E ela dicíalle: "Que alí en Ramisquedo hai un rebaño de ovellas".

Chegaron a Ramisquedo e non había ovellas.

E a zorra dicíalle: "Tire pra San Lourenzo".

O que quería a zorra era só que a levasen ao lombo.


* Conto recollido en Moialde, concello de Vilardevós, e Castrelo de Abaixo, concello do Riós:


Un galo ía escapando da zorra e subiuse a un carballo.

A zorra intentando coller o galo dicía:

"Serra meu rabo
se queres comer galo".

E o galo dende o alto dicía:

"Dios me libre
de fouce e machado
que rabo de zorra
non corta carballo".

* Conto recollido en Verín:

Un galo quedou desplumado polo ataque da zorra e ésta dicíalle:

"Galiño novo
ven pola roupa
que eiquí che quedou"

E o galo respondía:

"Dios que me deu esta
xa me dará outra".

* En Laza o mesmo conto remataba así:

"Xan Pericán
volve pola roupa"

"Non volvo non,
que si Dios me deu esta,
hame dar outra".

mércores, 4 de novembro de 2020

O Responso na tradición oral

O Responso é unha oración de cando se quería arresponasar a algúen ou a algunha cousa para que a boa sorte ou bo suceso lle acompañase.


É o seguinte:


Responso a San Antonio:


San Antonio florecido

que en Belén fuche nacido.

Se vestíu e se calzou

e o seu libriño rezou.

E ó ir no medio do camiño

con Jesucristo se encontrou.

Jesucristo pronde vas ?

Connosco non irás,

neste monte quedarás,

para guardar a '------'

de lobos e lobas,

de cas e cadelas,

de todo o peligro

que no monte houbera.

Un padre nuestro

e unha ave maría,

á honra de Dios

e da Virgen María.


Recollido en Florderrei, concello do Riós.


E outro recollido en castelán:


Si buscas milagros mira,

muerte y error desterrados,

misteria y demonios idos,

leprosos y enfermos sanos.

El mar sosiega su ira,

redímanse encarcelados,

miembros y bienes perdidos,

recobra mozos y ancianos.

El peligro se retira,

los pobres van remediados,

cuéntenme los socorridos,

díganlo los paduanos.

Gloria al Padre,

gloria al Hijo,

gloria al Espíritu Santo,

como era en el principio

ahora y siempre

por los siglos de los siglos, amén.

El mar sosiega su ira,

redímanse encarcelados,

miembros y bienes perdidos,

recobra mozos y ancianos.

Ruega a Cristo por nosotros,

Antonio divino y Santo,

para que dignos así

de sus promesas seamos.

Haced, oh Señor!

Que la intercesión de vuestro confesor

y doctor San Antonio

llene de alegría a vuestra iglesia

para que siempre sea protegida

con los auxilios espirituales

y merezca alcanzar los eternos gozos

por Cristo nuestro señor, amén.

Gloria al Padre,

gloria al Hijo,

gloria al Espíritu Santo,

un Padrenuestro con Avemaría

a honra de Dios y de la Virgen María.


Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.


E unha oración a Santa Bárbara para afastar as treboadas:


Santa Bárbora bendita,

que nos ceos estás escrita,

nun papel de auga bendita.

Guarda o pan e guarda o viño

e guarda a xente no camiño.


Santa Bárbora bendita,

líbranos de raios e centellas

e de mortes repentinas.


Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.

sábado, 31 de outubro de 2020

O Padrenuestro Pequeniño na tradición oral

Unha oración tradicional do Padrenuestro Pequeniño que non era moi aceptada pola Igrexa Católica:

 

Padre Nuestro pequeniño

lévame por bo camiño,

camiño de salvación

meus pecados muitos son,

confeiseme ó Padre Santo

que é el home de verdá,

Jesucristo é meu pai,

a Virgen miña mai,

San Vicente meu parente

que me puxo a mau na frente

pra que o Diablo non me tente

nin de noite nin de día.

Aih! Jesús, Ave María,

cantan galos, abren luces,

anxeliños toman cruces,

pra acabar a oración

alabado la pasión.

 

Recollido en Castrelo de Abaixo, concello do Riós.


Padre nuestro pequeniño,

por o ceo vai ruxindo,

cantan galos,

abren luces,

vamos ver aquelas cruces.


Recollido en Trez, concello de Laza.


Padre nuestro

eí ven o maestro santificado

co pau levantado

...

Fragmento recollido en Castrelo do Val.


Padre nuestro pequeniño

polos ceos vai ruxindo

coas chaves do paraíso,

quen llas deu, que llas daría,

miña crela confesión,

os pecados moitos son,

nunca foron confesados

non a cura nin a fraile

...

Fragmento recollido en Toro, concello de Laza.


E segue así:

...

Meus pecados moitos,

nonos podo confesar

nin cuaresma nin carnaval.

San Antonio estaba a porta

cunha capa moi devota.

Preguntándolle os meniños

si sabián oración.

Oración de Peregrino

cando Cristo era meniño,

puña o pe no seu altar

e a sangriña a pingar.

Tente Magdalena tente,

no la dejes de limpiar,

que estas son las cinco llagas

que Jesús ha de pasar,

por los vivos,

por los muertos,

por los cristianos salvar.


Fragmento recollido en Laza.

domingo, 11 de outubro de 2020

Palabras malsonantes na tradición oral

 Para unha recolla de palabras malsonantes preguntamos no Facebook o seguinte:

"Como dicían as nosas avoas cando se enfadaban e lles saían palabróns ?"

Isto é o que nos saíu:


A cona que te fundou

A grande cona que a paríu

Aborto do Demo

Abraia

Ai loba, loba, loba loba

Ai parranfón da cona

Ai, unha neta miña dudando da fe

Aldrabón

Aleixada

Aleixado

Aleixendro

Alpabarda

Andas de zángano

Apalominado

Apalominao

Apapaostiado

Apapostiao

Apirolao

Arampizo

Arnegado sea o Demo

Arráncoche a cabeza

Arromédame e escarallote

Atoallao

Bacenillas

Badanas

Badulaque

Baila na corda

Bala perdida

Bandallo

Baralló

Barracel

Barrecalles

Barrigaverde

Bazapozas

Bestouco

Bestouco

Bulebula

Burra vella

Cabrito

Cadela faldreca

Cagafideos

Cagarrán

Caghapouquiño

Cagharrinchas

Cagho en sos

Cagho na cona da barrilleira

Cagho no mundo

Caghona lei sindiós

Caghondiola

Cago na grande cona que te pariu

Cago na tós

Calaceiro

Cambiouteiros

Candongo

Cantamañanas

Cantante

Caradecona

Carafio

Carallo

Carano

Carneiro

Casalandreiras

Castrón

Cataplasma

Cerracancelas

Choveche

Cirigaitas

Cirighaitas

Como pêlo de cão

Como te vaia buscar,ves a toque de caixa

Cona que te bateu

Cona que te pairu

Cona te parta

Cornos

Demo negro

Dirghrasiau

Doniña

Doutor da mula ruça

É un baldreu

É un chaíñas

Ei vacató

Epe

Eres ben lurpia

Eres zocho de caralla

Escornau

Espichau

Estafermo

Estás com uma tosse de cão

Estás de carallo

Estou coma unha ovella

Estou como unha ovella ruza

Falabarato

Fedello

Fervellasberzas

Fillo da mai

Fillo da nai

Fillo dun can

Filoxera

Fol de veneno

Fozanamerda

Fudegatas

Furafollas

Ghaiteiro

Ghillada

Ghladrán

Hai que caraina

Hai que cona

Hasme levar a tumba, filla dá puta, pero vas conmigo

Heche a orde

Heiche comer ata asadura

Heiche comer ata os miolos

Heite colgar na lareira xunto os chourizos

Heite enterrar na horta

Heite Fostiar

Heite zampar ó pozo da balighota

Inzas pior cós cuellos

Jibaro

Lagarta

Lambeconas

Lambecuncas

Lambepalletas

Lamecricas

Lamprea

Langosta

Lapa maseira

Lapón

Lobo da fada

Lobos te coman

Lobos te coman

Lobos te nunca coman

Macacos me coman

Mai que te fixo

Mai que te pariu

Mal raio te parta

Mala chispa te leve

Mala cona te coma

Mala cona te mate

Mala hora viñeches ó mundo.

Mala pécora

Mala sentella te coma

Malfalado

Maluco

Manta

Marta ensosa

Mazarocas

Me cagho en chos

Me cagho en idola

Me cagho en ninghún Dios

Me cajo en tódolos santos nun gharrafón e Jesucristo de tapón

Me cagho na cona

Me cagho na cona bendita

Me cagho na grande cona estiá que te pariu

Me cagho na grande cona que te pariu

Me cagho na luna

Me cagho na mar salada

Me cagho na ospra

Me cagho na tos

Me cagho no berse que te abalou

Me cagho no carafio

Me cagho no grande recarallo que te batanou

Me cagho nos zapatiños da virxe

Me cago en todos os santos metidos nun frasco, e cristo de tapón

Me cago en todos os santos metidos nun garrafón e deus de tapón

Me cago na cona da virxe bordada coas tripas de cristo crucificado

Me cago no caralo vintenove

Me cago no cura que te casou

Me cago no forro dos collons do Santísimo Sacramento do altar

Me cago no pai que te pariu

Me cajo na cona da parteira que che aproveitou

Mecagho en tódolos santos e que dios me perdone se me olvido dalghún

Mecagonaconaquetefixo

Mecagoninundios

Merdaverde

Mexapouco

Miocas

Mixiricas

Mostrengo

Mouco

Moulón

Nai que te pariu

No Dios que te fixo

No, túa nai non era machorra

Nodiosquetefundou

Non me tires da lingua

Non te deixo un dente na boca, e comes papas toda a vida

O diaño te leve

Os demos te coman

Ovella ruza

Palaghuan

Palurda

Pánfilo

Papabrevas

Papanatas

Papanverza

Papaostias ou Papostias

Parece un mostrengo

Pareces un adán

Parvo

Pasa diante miña que te fundo

Pastrán

Pecadento

Pégoche unha reviaraostia

Peido molete

Peilabán

Peitoderá

Pelexo

Peliendre

Pelindre

Pendello

Picapleitos

Piernillas

Piolloso

Pioneta

Poldrón

Polondrón

Polondrón

Por onde amargan os pepinos

Porcavella

Pouco se perdía se te cagharan

Prea

Puta que te fixo

Raio te parta

Raios te partan

Rata cuartelera

Recona

Recontra

Rediante

Rediola

Reordia

Saltavallas

Sarna cavalaria

Sarna te leve

Se te comera o Demo de pequena

Se te levara o Demo

Se te partira un raio

Será coneta

Subela

Taranbainas

Te pego una ostia que te fotocopio en la pared

Tés que retellar

Tes unha Badana

Tés unha moulitis que non te lambes

Tés unha Tartana

Tiñoso

Tócalle os collós a Cristo

Trai máis merda ca o pau dun galiñeiro

Trapalleiro

Truán

Vaca tó

Vaca tola

Vacató

Vacoia

Vadoco

Vai á mosca

Vai cagar dun fento embaixo

Vai feito un antroido

Vai rascar a cona

Vai rascar a póutiga

Vai rascar o carallo

Vai tomar polo cú

Vai tomar por onde amargan os pepinos

Vai tomar por onde se empezan os cestos

Vaina rañar

Vaina refucir

Vaite para a cona do carallo

Valdreu

Valdrogas

Vas levar un Verxoazo

Vé o sol antes de nacer

Venma lamber

Veu feito un cristo

Vou calar porque como diga todo o que sei

Vouche alumbrar

Vouche faer medrar o Xuízo

Vouche foder o sarnizo

Xoldrón

Xornamorna

Xoumela

Zamfona

Zampalimosnas

Zarapallo

Zarrampello

Zarrapastroso

Zurete has quedar


E máis que haberá, toda unha riqueza cultural. Obrigado.